martes, 19 de decembro de 2017

O Grinch e a mestra Raquel




Durante estes días  a mestra Raquel está a contar na Biblio Sabell, ¡Como el Grinch rompió la 
Navidad, un conto moi divertido e nun formato moi orixinal, o kamishibai.

Nesa taboíña de madeira, restaurada por ela, e cunhas láminas adaptadas con moito agarimo, fai as ledicias dos máis cativos.



E se chove que chova



Chove na Biblio Sabell, e a nós gústanos moito, porque choven contos de nadal. 

Paraugas de cores decoran o teito e nestas datas penduran deles os personaxes dos nosos contos. 

Aínda non pasaches por debaixo? 

A que estás agardando?