martes, 4 de decembro de 2018

Lunares polo Nadal

Pomos en marcha dende a biblioteca a nosa proposta polo Nadal “Tantos contos… coma cores”. 
Aproveitándonos da nosa querida mascota, presentámosvos uns amigos moi especiais. Resulta que Lunares, fai algunha escapadiña ca outra cando non nos damos de conta. Nelas coñeceu un par de nenas e nenos que lle ensinaron un mogollón de cousas....

Xan é un amigo da Mariña Luguesa.
Katia é unha amiga de Xan e de Lunares, ela é de Cabo Verde.
Lin é de Madrid, e as súas nais son de Xapón. 
Alí é de Marrocos, coñeceu a Lunares unha das súas saídas.
  

Familias!!! Iredes recibindo de cada certo tempo unha mochiliña na que veredes un conto sobre a diversidade cultural na que vivimos e un caderno, os vosos fillos e fillas diranvos o resto...

    



Gran agasallo e fermosa colaboración do concello, pois quedaron tan encantados ca proposta de Lunares sobre a idea de facer unhas mochilas viaxeiras; que lle axudáron con estas fermosas bolsas deportivas. 

sábado, 1 de decembro de 2018

Tantos contos... coma cores



Libros recén chegados ao recuncho do proxecto
Uns cantos máis para as emocións e os valores




Uso da Biblioteca



1. Debes manter silencio ou falar moi baixo.


   2. A merenda realizase no patio.

   3. Utiliza de forma axeitada os libros, as instalacións e os materiais.

   4.  Repoñerase calquera material que estragues ou perdas.

   5. Debes estar de forma axeitada no momento da lectura.

   6. Se fas uso do recuncho de relaxación manterás silencio e deixarás espazo no chan para outros compañeiros e compañeiras.

  7. Para retirar un libro da biblioteca, debes pasar polo punto de rexistro; e indicar o teu número de carné ou levalo contigo.

  8. Se sabes que te despistas, ou que non recordas como colocar os libros no andel; pide un “marcalibros”. Úsao para poñelo no seu lugar e así á hora de recolocalo saberás onde estaba.

9. Para saber en que páxina vas, usa “marcapáxinas”, non se dobran, nin se escribe nos libros.

10. Os libros de consulta (cor rosa) son de uso na biblioteca. NON se levan para a casa.

11.  O préstamo é de 15 días. Se o precisas, podes amplialo 15 días máis se o renovas. 

Biblio Sabell Returns



Fíxose longa a espera, pero dende o equipo de biblioteca pensamos que mereceu a pena.
Renovámonos!!! 
Nova distribución dos libros, espazos reformulados e novas adquisicións. Aínda estamos a facer cambios e esperamos sorprendervos ao longo do curso.
Orde alfabética dos exemplares.

Zona de consulta


Zona de consulta, e rincón das emocións e valores.

O espazo para o proxecto anual e a nosa querida Lingua!!!

Libros relacionados co noso proxecto.

Os lugares especiais, teñen ambientación especial.





venres, 15 de xuño de 2018

¡E Lunares despídese ata o ano que vén!


Aquí un resumo de todo o que Lunares fixo durante este curso 2017/2018.

O equipo da biblioteca deséxavos un feliz verán e que sexades moi felices.

Ata o curso que vén.




venres, 8 de xuño de 2018

Éranse dúas Meninas...



O curso 2017/2018 chega ó final, xa non queda nada. 
Unha das últimas actividades que fixemos desde a Biblio Sabell foi decorar estas dúas meninas para participar no proxecto “Flores para as Meninas” e asi apoiar 
 á organización Avelaíña de axuda a persoas con enfermidades mentais.

Avelaíña destinará os cartos recadados ao proxecto “Fisicamente activo e mentalmente saudable” que permitirá a realización de deporte e exercizo físico aos seus usuarios e usuarias.



venres, 4 de maio de 2018

Cómete un bo libro

 O 23 de abril celébrouse o día do libro, pero Lunares como sabe o importante que son os libros
quixo que no Ramiro Sabell  o festexáramos coa Semana do libro.

 A biblio Sabell abriu as súas portas para contar os contos dunha maneira moi especial, a través,
dun  Kamishibai.

A mestra Raquel e a mestra Estela durante esa semana sacaron a "Contacontos" que levan dentro e fixeron as ledicias dos nenos e nenas do colexio, contando uns contos moi especiais: Érase dos veces "Blancanieves" e Eŕase dos veces "El patito feo", uns contos que se escapan un poco dos tradicionais que todos coñecemos.


Cómete un bo libro


mércores, 14 de marzo de 2018

Noticias e máis noticias








A Semana da prensa encheu a Tintín e Milú de noticias. 







luns, 5 de marzo de 2018

Lunares e Generoso achegan a prensa a nós



DURANTE ESTA SEMANA, LUNARES PON A VOSA DISPOSICIÓN PRENSA NA BIBLIO SABELL PARA QUE POIDADES CONSULTAR AS NOTICIAS.


martes, 20 de febreiro de 2018

Uns reporteiros intrépidos

             
DO 5 AO 9 DE MARZO CELÉBRASE A SEMANA DA PRENSA.

TINTÍN E MILÚ OS REPORTEIROS INTRÉPIDOS, NECESITAN A VOSA AXUDA PARA 

ATOPAR NOTICIAS INTERESANTES.



NO CORREDOR DA BIBLIOTECA ESTÁ UN MURAL NO QUE PODEDES COLOCAR AS 

NOTICIAS QUE ATOPEDES NOS XORNAIS E QUE VOS RESULTEN INTERESANTES.


TINTÍN E MILÚ ESTARÁN MOI AGRADECIDOS DE QUE OS AXUDEDES.

LUNARES ENCARGARÁSE DE MERCAR OS XORNAIS E POÑELOS A VOSA DISPOSICIÓN 

NA BIBLIO SABELL, TAMÉN PODEDES TRAER AS NOTICIAS DA CASA, SE QUEREDES.



venres, 9 de febreiro de 2018

"Canto conto" na Biblio Sabell


O equipo de Mestres e mestras da Biblio Sabell desénxavos un feliz entroido.

¡Canto conto!






luns, 8 de xaneiro de 2018

O reto de Lunares



A volta ao cole pode facerse algo dura despois de tantos dias de vacacións,
 pero Lunares propón 
un reto para facer máis ameno o que queda de curso...


Cada mes un libro diferente... Atréveste?