mércores, 21 de decembro de 2022

Recomendacións lectoras para Nadal

 Coma todos os anos Lunares recoméndavos lecturas para o Nadal.


 

Que as desfrutedes!!


#LerMola

martes, 20 de decembro de 2022

Ioga en familia con Lunares

Hoxe tivemos unha sesión moi especial na biblio de Lunares. Seis familias desfrutaron dunha sesión de ioga chea de calma e diversión.

Esta foi a primeira de moitas!






mércores, 14 de decembro de 2022

Percorrido accesible á biblioteca municipal

Durante este mes o alumnado de 3º e 5º de primaria colaboraron nun pequeno proxecto. 
Os maiores analizaron con axuda dun plano da vila de Ponteareas o percorrido dende a nosa biblioteca de Lunares ata a biblioteca municipal, detectando que barreiras arquitectónicas había.
O alumnado de 3º foi de visita á biblioteca municipal e comprobaron in situ as barreiras arquitectónicas. 

Canto aprendimos! 








luns, 5 de decembro de 2022

Lunares fala do Principito


 A semana pasada, catro persoas dos clubs de lectura participaron no novo episodio do podcast Lunares fala. 

Clicade na foto pada acceder ao enlace directo.





sábado, 3 de decembro de 2022

Día internacional das persoas con diversidade funcional

O pasado venres Lunares animounos a conmemorar o Día internacional das persoas con diversidade funcional. 

Para iso, gozamos de obradoiros de escritura en braille e construimos un mural colaborativo despois de ler unha selección de álbums ilustrados con mensaxes moi importantes. 

Clicade nas imaxes para acceder os videos co resumo das actividades.




mércores, 30 de novembro de 2022

Nova maleta “Libros diversos”

Durante este mes de decembro teremos no noso cole unha maleta con material de Lectura e diversidade! Vinde a desfrutalos! 




domingo, 27 de novembro de 2022

Lunares no 25N

Durante esta semana Lunares sumouse á conmemoración do 25N Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Tivemos diferentes charlas e contacontos na biblio.






Ademáis, dentro do PDI “Este Picasso é un caso”, o venres todo o centro participou na construción dunha instalación artística inspirada no cadro de Picasso “Man con ramo de flores”. 



#25N #NINUNHAMENOS





xoves, 24 de novembro de 2022

Lunares en acción co Principiño

 Os clubs de lectura Lunares en acción comezaron a súa andadura coa obra “El principito” de Saint Exupèry.









mércores, 23 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante a pasada semana gozamos na biblio de moitos experimentos, tanto en galego como en inglés. 

Deixámosvos un pequeno video cunha escolma do que descubrimos. 


 

Como dixo a brillante Marie Curie: "Unha persoa científica no seu laboratorio non é só unha técnica: tamén é un neno ou unha nena colocada ante fenómenos naturais que a impresionan coma un conto de fadas".

NOVO CLUB DE LECTURA DE ADULTOS PARA FAMILIAS

 Lunares invítavos ás familias a participar no novo club de lectura "Ratiños literarios". 

Animádevos.



RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA O 25N

 Lunares preparou unhas recomendacións literarias para conmemorar o 25N Día en contra da violencia de xénero.


venres, 28 de outubro de 2022

NOVA MALETA DE BANDA DESEÑADA

Dende o vindeiro luns ata o 25 de novembro teremos na biblioteca unha maleta con exemplares de banda deseñada para todas as idades.
Poderedes collelos para levalos á aula e gozar de novas historias!
 


 

INAGURAMOS CLUBS DE LECTURA

 Esta semana tivemos a primeira xuntanza dos clubs de lectura "Lunares en acción" con alumnado de 5º e 6º. 
A primeira obra escollida foi "El principito". 





XA CHEGOU O PODCAST "LUNARES FALA"

 Xa está aquí o novo podcast do Ramiro Sabell...LUNARES FALA!!!
Aquí vos deixamos o enlace para escoitar o episodio piloto, esperamos que vos guste.
 

 

 
 
 

TERROR NA BIBLIOTECA

Coa chegada dos zombies, das momias e das arañas, Lunares buscou entre os seus estantes e atopou un montón de libros terroríficos.
Esta foi a nosa mesa temática de Samaín.




ARRANCA UN NOVO CURSO CON LUNARES!

O pasado luns 24 de outubro, celebrouse o Día das bibliotecas e nós, inauguramos un novo curso na nosa biblioteca de Lunares.
O equipo preparou, con moito agarimo, un contacontos con sombras chinescas sobre a historia "A montaña de libros máis alta do mundo". 
Os personaxes fixeron gozar a pequen@s e maiores.
En breve gozaredes dunha montaxe na que vós tamén poderedes ver o contacontos.



mércores, 8 de xuño de 2022

ROTEIRO DE ROSALÍA DE CASTRO

 O alumnado dos clubs de lectura gozaron dun roteiro de Rosalía de Castro, o martes 7 de xuño.

Comezaron visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro. Alí, entre outras cousas, descubriron que cando Rosalía dixo "Abre a ventá que quero ver o mar", referíase ao río Sar.

Continuaron cunha ruta guiada organizada por eles polos principais puntos de interese da vila, como o Xardín Botánico ou o paseo do Espolón.

A viaxe continuou cara o parque do Xirimbao onde contemplaron o outro río presente nas obras de Rosalía, o río Ulla; e onde os máis atrevidos e atrevidas se subiron á ponte colgante.


Foi unha viaxe extraordinaria!



No seguinte enlace podedes acceder á carpeta con todas as fotos da viaxe.


https://drive.google.com/drive/folders/1s4ewEiTcX04MwGAQledsqWLSLEkMQ362?usp=sharing


martes, 31 de maio de 2022

MENINA 2022

 O proxecto de centro "Cantigas no Camiño" vai chegando ao seu fin, e como todos os anos, quen mellor que a nosa Menina para tal cometido.



Proceso de creación:

 









venres, 27 de maio de 2022

Maio de contos

Este xoves 26 de maio tivemos no cole a Paco Nogueiras que nos fixo gozar cos contos en infantil, 1º e 2º de primaria. 

E o venres 27 voltou Uxía Morán co seu “Quen quere ser feminista?” para o alumnado de 4º de primaria e de novo quedamos prendados! 

Menuda sorte a nosa neste maio de contos! 







sábado, 21 de maio de 2022

Entrega de premios I Concurso Aventuras no camiño

O pasado venres 20 de maio tivo lugar a entrega de premios do I Concurso Aventuras no camiño.

A continuación, podedes ver as fotos da entrega e se pinchades no curso correspondente accederedes aos debuxos e relatos gañadores.

Noraboa a todas e todos! 




martes, 17 de maio de 2022

SUPERSORDA de Cece Bell

Nos clubs de lectura seguimos a nosa andaina. Desta vez probamos cun xénero novo: cómic. E foi todo un éxito.

A ilustradora estadounidense Cebe Bell conta a súa propia historia pero empregando o humor. Ao mesmo tempo, achéganos ao descoñecido mundo das persoas con hipoacusia ou sordeira e como saber acompañalas.

Continuamos lendo!