xoves, 23 de febreiro de 2023

23F- DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía cunha proposta interesantísima do Equipo de dinamización da Lingua Galega. Enmarcado no proxecto Este Picasso é un caso, o alumnado do centro construiu unha brocha con corazóns que levaban palabras clave da nosa gran poeta.

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta

Lunares en acción segue lendo a bo ritmo. Esta vez tocounos voltar coa escritora viguesa Ledicia Costas e o seu libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.





xoves, 16 de febreiro de 2023

11F DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


 Este ano conmemoramos o 11 de febreiro Día internacional da nena e a muller na ciencia coas II Xornadas O camiño da muller na ciencia. Visitaron o noso cole grandes científicas que están a investigar en campos moi moi interesantes. 

Grazas Cristina, Susana, Begoña e Marga por querer compartir con nós o voso traballo.

Aquí vos deixamos unha mostra do que foron as sesións compartidas. Premede nas fotos e accederes a un video resumo.

 

 

mércores, 15 de febreiro de 2023

Fiúnchos literarios

Onte comezamos a andaina no noso club de lectura de mestras Fiúnchos literarios. 

Desta vez limos e comentamos “Non penses nun elefante rosa” da autora galega Antía Yáñez.

Animámosvos a que o leades! 





Resumo do traballo de Lunares

 Aquí vos deixamos unha mostra do que estamos argallando na biblio de Lunares. 




domingo, 12 de febreiro de 2023

1º contacontos interxeracional

O pasado venres tivo lugar o primeiro contacontos interxeracional a cargo de alumnado voluntrio da biblio. 

Andrea, Aitana, Martín, Sabela, Lía, Joel e Anxo (Raúl botámoste moito de menos) interpretaron o conto “Ao abordaxe” para o alumnado de 4º de Educación Infantil.

Como lles gustou! 

Aquí volo deixamos para que vós tamén o desfrutedes.

Este foi o primeiro de moitos, vémonos no seguinte!


mércores, 8 de febreiro de 2023

Ratiños literarios en marcha

Onte foi a xuntanza do club de lecturas de familias Ratiños literarios. Comentamos a novela La trenza que foi todo un éxito. A historia de tres mulleres tan diferentes e tan iguais ao mesmo tempo que se entrecruzan como se dunha trenza se tratase. 



Xa temos en marcha a segunda lectura, “Ana, la de las tejas verdes”. 




domingo, 5 de febreiro de 2023

Cuando brillan las estrellas




Voltamos cos clubes de lectura, desta vez coa novela grácica “Cuando brillan las estrellas” de Victoria Jameson y Omar Mohamed. Unha historia autobiográfica que nos conquistou. 

Deixámosvos un pequeno video reseña para que vos animedes a lelo. 



 



venres, 3 de febreiro de 2023

Febreiro- mes da muller na ciencia

Para comezar a conmemoración do mes da muller na ciencia, Lunares tennos preparada unha nova maleta viaxeira con libros sobre ciencia e un recuncho na biblio con libros de mulleres científicas da historia.

Non volo perdades!!





Nova sesión de ioga en familia

O pasado mércores tivemos de novo na biblio de Lunares a familias que gozaron dunha sesión de ioga.