martes, 30 de maio de 2023

“Golpes de luz” de Ledicia Costas

 O club de lectura “Ratiños literarios” despediuse por este curso coa novela “Golpes de luz” de Ledicia Costas. 

Divertida, rápida, intrigante, así resumimos esta historia dura pero con toques de humor, que describe moitos aspectos da nosa sociedade. 

Grazas Marta, Vanesa, Montse, Judith, Mariví, Mariana, Luz, Olivia, por compartir un anaquiño de vida na biblio de Lunares. 

Voltamos en setembro! 




xoves, 25 de maio de 2023

“Mamá, quero ser Ziggy Stardust” Iria Misa

Os clubs de lectura Lunares en acción, seguen a súa andaina, desta vez cunhas invitadas moi especiais: as familias! 

Lemos a obra de Iria Misa, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”. Unha novela sobre a importancia de ser quen ti queiras ser. 

As familias acompañáronnos na lectura e na tertulia do libro ao ritmo da música de David Bowie.

Foi unha experiencia moi emotiva.


 




martes, 23 de maio de 2023

Charla sobre sexualidade

Hoxe tivemos no cole a Hadriana Ordóñez Otero para facer un obradoiro sobre sexualidade. 

Familias e rapazada de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria tiveron oportunidade de aprender e compartir inquedanzas.



sábado, 20 de maio de 2023

Museo “Este Picasso é un caso”

Onte foi un día moi especial para toda a comunidade educativa do Ramiro Sabell.

O alumnado converteu o centro nun museo con creacións propias a partir da obra de Picasso.

Este foi o resumo de todo o proxecto deste curso e o remate dun traballo en aulas ao redor da obra do pintor, vinculado ás distintas áreas. 

Grazas familias por vir e desfrutalo con nós. Aquí vos deixamos un pequeno anaquiño do que alí vivimos.



xoves, 11 de maio de 2023

Lunares fala da expo

Lunares lémbranos no podcast que o vindeiro 19 de maio inauguramos a nosa exposición. Non vola perdades!! 




martes, 9 de maio de 2023

Creatividade cargada de libros

Hoxe Lunares agasallou ao alumnado participante nos retos do Día do libro. 

Noraboa a todxs e grazas por participar de maneira tan creativa!





luns, 8 de maio de 2023

Novo episodio de Lunares Fala


Aquí temos xa o novo episodio do podcast Lunares Fala.

Desta vez foi o alumnado de 4º quen se encargou de resumir as novas do cole. Que traballazo fixeron! Non volo perdades.






venres, 5 de maio de 2023

Atención! Exposición!

Familias, estades convidadas á exposición “Este Picasso é un caso” que organizou e creou toda a rapazada do cole. 

Terá lugar o vindeiro venres 19 de maio.

Tedes aquí os horarios correspondentes a cada curso. A hora marcada comezará a visita guiada. Comprobade a que hora tedes que vir en función do curso da vosa filla ou fillo. Por favor sede puntuais.

HORARIOS:

Infantil 09.45h

1º e 2º de primaria 11h

3º e 4º 11.45h 

5º 12.45h

6º 13.30h



mércores, 3 de maio de 2023

Encontro con Raquel Castro

Hoxe a rapazada dos clubs de lectura recibiu unha visita moi esperada. Tivemos un encontro coa autora da obra de teatro Dormente, que estivemos lendo no club durante o mes de abril.

Houbo de todo, charla con Raquel, preguntas, curiosidades e tamén un pouco de dramatización. Todo para chegar á mensaxe da canción de Queen que vertebra o libro “I want to break free”.




Lédea que merece moito a pena.