xoves, 21 de decembro de 2023
Invisible
Os clubs de lectura Lunares en acción seguimos somerxidos en lecturas. Desta vez tocou Invisible de Eloy Moreno.
Quedamos fascinadxs coa historia do chico “superheroe”.
Seguimos lendo!
@BiblioLunares
mércores, 20 de decembro de 2023
Luces, chocolate e acción
Onte pola tarde fixemos maxia no Ramiro cunha tarde chea de luz e sabor.
Toda a comunidade educativa do cole gozamos dunha festa con luces, música, chocolate e rosquillas para dar a benvida por todo o alto ao Nadal!
Grazas familias por compartir con nós momentos tan marabillosos.
Grazas aos profes que tocaron e nos fixeron gozar coa música!
Grazas ANPA por agasallarnos o chocolate!
martes, 19 de decembro de 2023
Ollos de auga
Este martes Ratiños literarios tivemos unha nova xuntanza!
Desta vez comentamos o libro de Domingo Villar, Ollos de auga. Tivo moi boa acollida e percorrimos Vigo grazas ás peripecias do inspector Leo Caldas e o seu compañeiro tan “peculiar”.
Seguimos lendo!!
Club de lectura Albums encantados
Hoxe na biblio de Lunares tivemos unha visita moi especial.
Veu alumnado do IES O Barral que vai formar parte xunto con alumnado de 4º do club de lectura de album ilustrado.
Coñecímonos, divertímonos, eliximos nome e.. descubrimos o gran mundo dos álbums ilustrados.
Grazas Alejandra e @Bibliobarral por formar parte e traer maxia ao noso cole!
mércores, 13 de decembro de 2023
Voluntariado na radio
O voluntariado da biblio cóntavos neste episodio de Lunares Fala as aventuras que xa levamos gozadas neste curso!
martes, 5 de decembro de 2023
Proxeccións pola diversidade funcional
Para conmemorar o día internacional das persoas con diversidade funcional, fixemos proxeccións de diferentes longametraxes e curtametraxes con temática de inclusión.
O alumnado de Infantil desfrutou a curta Ian.
O alumnado de 1º e 2º a película Valentina.
O alumnado de 3º e 4º Wonder.
O alumnado de 5º e 6º o documental La historia de Jan.
#3DecCapacidadesDiversas
Experimentos con Lunares
Para poñer fin ao mes da ciencia na biblio, o alumnado de infantil fixo experimentos científicos que atoparon nos libros da biblio.
Aquí vos deixamos unha mostra!
Que é ser normal?
Nos clubs de lectura Lunares en acción estivemos debatindo sobre Que significa ser normal?, a partir da historia de Invisible, que nos ten fascinadxs.
#3DecCapacidadesDiferentes
luns, 4 de decembro de 2023
Cine mudo en Ponteareas
O pasado venres o alumnado de 3º e 4º foi a Ponteareas á proxección de películas de cine mudo nunha homenaxe ao cineasta local Jose Gil.
luns, 27 de novembro de 2023
Vampira de biblioteca
Lunares en acción continúa a súa andaina lectora con Vampira de biblioteca. Comentamos, xogamos e rimos a esgalla coas aventuras de Eleonora.
venres, 24 de novembro de 2023
martes, 14 de novembro de 2023
Ratiños cunha sorte pequena
Ratiños literarios xuntouse para falar de “Una suerte pequeña” de Claudia Piñeiro, un libro co que se removeron sentimentos e deu para falar longo e tendido.
Que será o próximo?
La vida a veces
O club de lectura de mestras, Fiúnchos literarios, estivo somerxido nos relatos de Carlos del Amor. Que tocará agora?
Mochilas viaxeiras
En infantil xa teñen preparadas as mochilas viaxeiras para que nas casas pequen@s e maiores disfruten dos contos e dos xogos, preparados con tanto agarimo polo equipo da biblio de infantil.
@BiblioLunares
Sementeiras de curiosidade
Durante este mes de novembro, celebramos na biblio de Lunares, o Mes da ciencia.
Comezamos cunha instalación con mulleres científicas da historia, onde Lunares nos propondrá retos diarios.
Temos tamén mesa temática con libros moi interesantes! Non vola perdades!
venres, 10 de novembro de 2023
mércores, 8 de novembro de 2023
VOLUNTARIADO EN MARCHA
O voluntariado da nosa biblio xa está a pleno rendemento...deseñando carnets...formando ao novo alumnado....e preparando moitas cousiñas...
Estade atentxs!
martes, 31 de outubro de 2023
TERROCINEMA no Ramiro
Hoxe foi un día terrorífico no Ramiro. Lunares convidounos a recrear películas de medo e menudos sustos levamos!!
luns, 30 de outubro de 2023
Investigando o cinematógrafo en 4º
Lunares está contentísim@ coas cousiñas que están a facer nas clases do Proxecto ALU- CINEMA...
Aquí Judith goza decorando o seu cinematógrafo, despois de saber que os hermanos Lumiere levaron moito traballo para crealo...
VOLVE LUNARES EN ACCIÓN
Os clubs de lectura de 5º e 6º Lunares en acción xa están en marcha!!
Na primeira xuntanza comentamos recomendacións lectoras e preparámonos para a nosa primeira viaxe literaria, moi acorde coas datas nas que estamos: Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.
Seguiremos informando da nosa andaina!
SAMAÍN CHEGOU A LUNARES
Xa temos lista na entrada do cole a mesa temática con historias de medo.
Non vola perdades!!
LUNARES...PRESENTA...ALU-CINEMA!
O pasado mércores, con motivo da celebración do día das bibliotecas, inauguramos a biblioteca neste curso. Para iso fixemos a presentación do novo PDI Alu-Cinema a cargo de Lunares e todo o seu equipo.
Este ano investigaremos sobre o cine e nos adentraremos no mundo da creación audiovisual. Xa o iredes descubrindo.
venres, 20 de outubro de 2023
O espazo no cine
Menuda na que está o alumnado de 5ºB que estudaron o sistema solar con películas do espazo. Que artistazas!!
@BiblioLunares
martes, 17 de outubro de 2023
1ª xuntaza de Ratiños literarios
Hoxe inauguramos Ratiños literarios con 13 familias e moitas recomendacións lectoras.
Próxima parada: Una suerte pequeña de Claudia Piñeiro.
Seguimos lendo.
mércores, 11 de outubro de 2023
Novas necesidades, novas ferramentas
Lunares quere axudar ás familias, cunha necesidade, que se presenta na nosa sociedade dados os cambios que se están a producir no uso de dispositivos móviles e o acceso que teñen a moita información que non saben xestionar.
Por iso Lunares, cre importante facilitar ferramentas coas que axudar neste proceso.
Familias, a partir do 24 de outubro podedes vir e solicitar estes contos e libros que vos axudarán.
Botádelle un ollo a este video tamén!!
https://www.instagram.com/reel/Cx-e_yyIH6l/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==
martes, 10 de outubro de 2023
luns, 25 de setembro de 2023
ALU-CINEMA
Lunares volve con moita enerxía para este novo curso. Iniciamos novo PDI: ALU-CINEMA.
Desta vez navegaremos polo mundo do cinema, aprendendo, compartindo e lendo na biblio de Lunares.
Acompañádesnos?
luns, 26 de xuño de 2023
Historia de una maestra de Josefina Aldeoca
O club de lectura Fiúnchos literarios pechou o curso nunha xornada con café, biscoito e o clásico da nosa literatura Historia de una maestra.
Josefina Aldeoca retrata a vida de Gabriela, unha mestra en tempos de República pero con inquedanzas que se achegan moito ás das mestras de hoxe en día.
Gran lectura!
Retomamos en setembro con En la boca del lobo de Elvira Lindo e novas incorporacións.
Feliz verán lector.
xoves, 22 de xuño de 2023
Viaje al centro de la tierra
Rematamos o curso de Lunares en acción coa lectura escollida polo alumnado: Viaje al centro de la tierra de Jules Verne.
Gustounos moito e despedimos un curso cheo de lecturas e aventuras.
xoves, 15 de xuño de 2023
Roteiro literario
Hoxe foi un día especial para os clubes de lectura.
Fomos de Roteiro literario a Portomarín.
Este ano lemos O misterio de Portomarín de Antía Yáñez, e puidemos ver en directo os diferentes sitios polos que van Sabela, Carola, Antón e Iria en compañía de Venres.
Viñeron invitadxs as persoas voluntarias da biblio que tanto axudaron a Lunares.
Fomos visitar o castro de Castromaior, a igrexa de Portomarín, o encoro de Belesar e rematamos na área recreativa de Meixaboi, para darnos un descanso.
Gran experiencia!
domingo, 11 de xuño de 2023
Alfombra de flores picassiana
A ANPA do cole colaborou co PDI Este Picasso é un caso; e de que maneira!!
Elaboraron diferentes alfombras con flores para que hoxe toda a vila de Ponteareas puidese gozar delas na festividade do Corpus.
Un traballo espectacular!
venres, 9 de xuño de 2023
Contacontos interxeneracionais
Hoxe foi un día especial para o alumnado voluntario na biblio de Lunares. Arrancaron ás 9.30 cargados de ilusión, nervios e contos cara a Residencia de maiores de Ponteareas e a Galiña Azul de As Neves.
Alí recibíronos unha cativada moi atenta e persoas maiores cheas de ilusión por escoitar a sorpresa que lles levaban.
O alumnado interpretou os contos “La mejor mamá del mundo” e “No, no y no”.
Foi unha experiencia marabillosa. Repetiremos!