xoves, 30 de maio de 2024

Encontro con Paula Carballeira

 Hoxe tivemos unha visita moi especial no club de lectura Lunares en acción.




Estivo con nós Paula Carballeira para falarmos da súa obra de teatro Carabela.

Escoitamos, xogamos, rimos, preguntamos e… pasamos un pouquiño de medo..

Foi un pracer compartir conversa con ela e tañ e como dixo: “O teatro está para que as historias cobren vida”.

@BiblioLunares

martes, 28 de maio de 2024

Acompañamento de Álbums encantados

 Onte foi un día moi especial para o club de lectura Álbums encantados. Algunhas persoas de 4º de primaria e outras de 1º da ESO do IES o Barral fixeron unha visita ao Centro de día Galeón na que compartimos lecturas, risas e momentos. 

Foi o fin dun camiño iniciado en outubro no que nos somerximos no mundo do álbum ilustrado, coñecendo formato, historias e conversando arredor de imaxes. 







Foi un luxo que continuaremos o vindeiro curso! 


@BiblioLunares

domingo, 26 de maio de 2024

Carabela de Paula Carballeira

 O club de lectura Lunares en acción estivo lendo desta vez a obra de teatro Carabela, de Paula Carballeira.





Unha historia chea de fantasía pero cunha mensaxe ben pegada á realidade! 

Recomendámosvolo! 

@BiblioLunares

mércores, 15 de maio de 2024

Roteiro literario

O club de lectura Lunares en acción, acompañado do voluntariado da biblio, fixeron un roteiro literario por Redondela e o castelo de Soutomaior. Alí coñeceron a súa historia e a vida de María Vinyals. 



Foi un encontro marabilloso cheo de momentos e conversas que compartir. 



@BiblioLunares

martes, 14 de maio de 2024

Obradoiro de banda deseñada

Esta tarde a rapazada do cole tivo o luxo de compartir un obradoiro en familia no que descubriron o fascinante mundo da ilustración grazas a Norberto Fernández.





@BiblioLunares

luns, 13 de maio de 2024

Día das letras galegas

Da man do equipo de dinamización da lingua galega hoxe fomos ao auditorio de Ponteareas a desfrutar un espectáculo sobre Luísa Villalta, a homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Cantamos e bailamos sen parar! 


@BiblioLunares

mércores, 8 de maio de 2024

A culpa de María Solar

Esta semana o club de lectura Ratiños literarios xuntouse para comentar A culpa, un thriller que nos mantivo pegadas á historia ata as últimas páxinas. 




Non deixedes de lelo, recomendadísmo!! 

Seguimos lendo! 

@BiblioLunares

venres, 3 de maio de 2024

Wonder

 Desta vez o club de lectura Lunares en acción tivo unha lectura moi especial. A rapazada compartiu lecturas coas súas familias e tivemos un encontro ben enriquecedor con elas no que debatimos e falamos sobre o poder da amizade. Este é o gran tema do libro Wonder: El juego de Christopher de R.J.Palacios.



Grazas familias por acompañarnos e gozar con nós dos libros.

Grazas biblio do CEIP Bouza Brey polo préstamo! 

Cal será a seguinte parada lectora?

@BiblioLunares