martes, 28 de abril de 2026

Soñando libros

 Este luns a Rede Bibliotea celebrou a súa quedada anual dun xeito ben especial, na semana do libro.

No parque da Concordia de Ponteareas o alumnado dos diferentes clubs de lectura da contorna organizamos diferentes obradoiros ao redor do libro.

Nesta festa dos libros convivimos, falamos, divertímonos e gozamos das diferentes propostas.

Foi unha mañá chea de ilusión que de seguro repetiremos.






mércores, 15 de abril de 2026

Obradoiro de contacontos

 O luns 4 de maio teremos no cole a Uxía Morán para ensinarlle ás nosas familias a contar contos!

Bulide a apuntarvos!! 




martes, 14 de abril de 2026

Sin noticias de Gurb

 Hoxe Lunares estivo acompañado das familias do club Ratiños literarios. Este mes estivemos lendo Sin noticias de Gurb de Eduardo Mendoza. E como “a risa é a ponte máis curta entre dúas persoas”, hoxe estivemos atopando a Gurb entre gargallada e gargallada.