Hoxe tivemos a primeira xuntanza do club de lectura Ratiños literarios, o club de lectura de familias. Demos un montón de recomendacións lectoras e preparámonos para a primeira proposta deste ano “Alguien bajo los párpados”.
Este luns demos inicio a “Álbums encantados”; o club de lectura de álbum ilustrado que facemos co IES O Barral.
E xa temos a primeira sorpresa!!
O vindeiro xoves 7 de novembro teremos un obradoiro de álbum ilustrado a cargo de Montse Pena, que compartiremos tamén coas familias do alumnado do club de lectura.
Por mor da inauguración dos clubs de lectura deste curso, este venres 25 de outubro xuntámonos todos os clubs de Ponteareas no auditorio. No encontro contamos con Susana Lamela e Juan Abalde que nos motivaron a seguir lendo e escribindo.
Mariña e Mateo explicaron o funcionamento do noso club de lectura Lunares en acción e compartimos moitas lecturas.
Retomando as palabras de Manolo Rivas que recolleu a nosa compañeira Esme: “A propia condición do club de lectura e da biblioteca é a biodiversidade, son unha unidade de emoción onde todo suma e nada exclúe”.
Así que longa vida aos libros, ás bibliotecas e aos clubs de lectura que nelas medran.
Este xoves 24 de outubro foi moi especial para Lunares. Escollemos o Día das bibliotecas para inaugurar o novo espazo da biblioteca. Despois de case un ano de melloras, aquí está xa preparada para que a desfrutedes cun montón de novas lecturas e recantos diferentes.
Animamos a festa de apertura con contos musicados por alumnado de 4º e 5º de primaria; e visitas moi especiais, que acompañamos duns petiscos ben ricos.
O club de lectura de alumnado de 5º e 6º iniciou andaina este luns! Comezamos coa lectura dun clásico, que de seguro nos abraiará; e cun montón de sorpresas!