domingo, 10 de abril de 2011

23 ABRIL DÍA DO LIBRO

LUNARES PARA CONMEMORAR ESTA DATA CONVOCA UN CONCURSO LITERARIO CO SEGUINTE TEMA:
UN MUNDO SEN LIBROS
OS TRABALLOS  SERÁN ORIXINAIS E PODERÁS PRESENTAR OS MESMOS EMPREGANDO CALQUERA DOS SEGUINTES FORMATOS :REDACCIÓN,CÓMIC OU POESÍA.

HABERÁ  AGASALLOS PARA OS MELLORES TRABALLOS.
                       
      ÁNIMO E A PARTICIPAR

venres, 18 de marzo de 2011

21 DE MARZO DÍA MUNDIAL DA POESÍA

OS MELLORES POEMAS DE CADA CLASE SERÁN PUBLICADOS NO BLOG DA BIBLIOTECA (http://lunaresfala.blogspot.com)

domingo, 13 de marzo de 2011

Investiga e resolve as seguintes preguntas

Que animal ten mil pulsacións por minuto?


Canto mide e de que color está pintada a Torre Eiffel de París?

                                        


luns, 7 de marzo de 2011

Respostas acertadas das adiviñas

1.- PAPELEIRA 2.- CABELO 3.-OIDO 4.-CEREBRO 5.-ZAPATOS.

Os gañadores do concurso son: Yerai 4ºB - Iago 4ºB - Nerea 3ºA
Noraboa aos gañadores e moitas grazas por participar a todas e todos.

LUNARES.

martes, 8 de febreiro de 2011

Para que poñas a funcionar o cerebro



1.   Almacéns de historias rotas, din moitos que son. Nos colexios e oficiñas polos recantos estou.

2.   Poderás tocalos, poderás cortalos pero nunca contalos.

3.   Ten grandes pabillóns , pero non ten habitacións.

4.   Ordes dou, ordes recibo, algunhas autorizo, outras prohibo.   Quen son?


5.   Dous irmanciños moi igualiños, que chegados a velliños abren  os olliños. Quen somos?

Para ser a gañadora ou o gañador  deberás acertar as cinco adiviñas





Os mellores lectores do mes de xaneiro

Noraboa!, sodes os que máis libros lestes no mes de xaneiro.

Alín - 1ºA
Lucía - 1ºB
Samuel - 2ºA
Aldán - 2ºB
Noelia - 3ºA
Claudia - 3ºB
Carla - 4ºA
Laura - 4ºB
Lía - 5ºA
Laura - 5ºB
Ana Carolina - 6ºA

Xa podedes pasar pola biblioteca para recoller o voso agasallo.




Resposta acertada á pregunta de Lunares

A volta ciclista a España non é a primeira vez que vai saír de Ponteareas. No ano 1987 xa o fixo por primeira vez.
Noraboa a todas as nenas e nenos que acertastes a resposta. Podedes pasar pola biblioteca no recreo para recoller o voso agasallo. Estade atentos á proxima pregunta, quero que sigades participando!

LUNARES

sábado, 15 de xaneiro de 2011

Para que poñas a funcionar o cerebro


Lunares recibiu a nova de que o 1 de setembro deste ano, unha etapa da Volta ciclista a España terá a súa saída en Ponteareas. Como eu só teño 5 anos, gustaríame saber se é a primera vez que esta carreira ciclista elixe esta vila como punto de partida dunha etapa. Investiga.

luns, 10 de xaneiro de 2011