Hoxe Lunares saiu ás rúas de Ponteareas en forma de alfombra de flores. A ANPA estivo semanas traballando nesta obra de arte enmarcada dentro do PDI de contos deste curso: Colorín, colorado, Lunares ten un conto preparado.
A voz de Lunares
Bitácora da biblioteca do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera
domingo, 7 de xuño de 2026
mércores, 27 de maio de 2026
Lunares en acción vaise de vacacións
Este mércores rematamos a tempada de lectura en Lunares en acción con moita emoción e sorpresas.
Pechamos un camiño grande cheo de historias compartidas. Grazas compis por facer do noso recuncho da biblio un lugar tan bonito.
Grazas Javi por ilustrar do mellor xeito posible a maxia do club.
Acompañamentos lectores
Hoxe,celebramos no cole o día do libro,si sabémolo, imos con retraso pero Galicia e a climatoloxia complicouno.
O importante foi compartir ese ratiño, dos nosos tradicionais acompañamentos lectores,onde os maiores len aos máis pequen@s.
O voluntariado da biblio encargouse de organizalo todo e foi un éxito.
Longa vida aos libros!
https://www.instagram.com/reel/DYz9-FmAxi-/?igsh=MWNneG5zcHpmYmJidw==
mércores, 20 de maio de 2026
Ratiños despídese
Este martes despedimos unha nova tempada do club de lectura de familias Ratiños literarios.
E como non podiamos rematar doutro xeito, limos e comentamos o novela coral de Delphine de Vigan Las lealtades, que nos plantexa unha realidade quizáis non tan alonxada.
Pero foi unha xuntanza moi especial, sorpresa incluída, rodeada de natureza e persoas marabillosas que fixeron desa despedida un momento único.
Grazas familias por estar e desfrutar todas as lecturas!! Que haxa máis e sigades lendo!!
mércores, 13 de maio de 2026
Contacontos de voluntariado
Este martes foi un día diferente para o voluntariado da biblio. Despois de moitos meses de traballo, puxeron rumbo ao CRA Raíña de Aragonta de Salceda de Caselas e á residencia de maiores Santa Ana de Ponteareas cos seus contos.
Un grupo interpretou “A cebra camila” e outro “Un tigre vino a cenar”. Que ben o pasaron!
luns, 11 de maio de 2026
ACOMPAÑAMENTO LECTOR INTERXERACIONAL
O pasado venres o alumnado do club de lectura Álbums encantados gozaron do seu día especial. Con ilusión e moitas ganas visitaron o centro de día Galeón na vila para ler os diferentes álbums que coñeceramos ao longo do curso.
Foi unha mañá chea de sorrisos, agarimo e maxia ao redor de ilustracións e historias.
martes, 5 de maio de 2026
Roteiro por Santiago
Este martes o alumnado do club de lectura Lunares en acción e o voluntariado da biblio compartiron viaxe a Santiago. Visitaron a Cidade da Cultura e fixeron un roteiro polo casco vello de Santiago.
Foi un gran día de convivencia!




