O alumnado dos clubs de lectura rematou de ler Vampira de biblioteca de Ledicia Costas. Encantoulles e quedaron prendados das aventuras da súa protagonista Eleonora.
Para mostra, fixeron un book-trailer da novela onde vos animan a ler!
O alumnado dos clubs de lectura rematou de ler Vampira de biblioteca de Ledicia Costas. Encantoulles e quedaron prendados das aventuras da súa protagonista Eleonora.
Para mostra, fixeron un book-trailer da novela onde vos animan a ler!
Como cada ano, Lunares vos fai recomendacións de lecturas para este Nadal.
Que as desfrutedes!
Para a celebración deste día tan importante no que se reinvindican os dereitos das persoas con diversidade funcional e a súa inclusión real na sociedade, no cole fixemos varias actividades.
VISITA DE SARA E ROCÍO, dúas traballadoras usuarias do
servizo “Emprego con apoio” de Down Vigo.
O venres 3, as aulas de 3º e 6º de primaria tiveron o
privilexio de entrevistar a dúas mozas que están traballando en sendas empresas
de limpeza e automoción.
Faláronnos da súa experiencia laboral, en que consistía o
seu emprego, as dificultades para atopar traballo, o que máis lle gustaba, o
que estudaran etc.
A rapazada quedou impresionada do traballadoras que son e de
como cada persoa coa súa diversidade pode acadar aquilo que se propoña.
EXPOSICIÓN “O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS”.
Como o camiño da inclusión percórrese entre todos, tamén
elaboramos unha exposición de carteis nos que manifestamos pautas para
fomentar a inclusión no ocio, na escola, no traballo así como na accesibilidade
universal. Cada cartel ía acompañado dun código QR que contiña un audio descritivo do mesmo. O obxectivo foi dar acceso á exposición a persoas con baixa visión ou cegueira.
Aquí vos deixamos un video da exposición.
Enmarcado no plan proxecta DONAS DE SI, no cole traballamos
durante estas semanas de cara o día 25 de novembro, onde nos manifestamos a
prol da non violencia en todas as súas variantes.
Dende a biblio fixemos unhas recomendacións literarias para poder traballar en todas as aulas do centro.
A maiores, o xoves 25 fixemos unha instalación artística con
mans violetas no portón da entrada do cole reinvindicando a non violencia. Aquí
vos deixamos o video que elaboramos.
Os días 4 e 5 de novembro tivo lugar a inauguración dos nosos clubs de lectura. Comezamos a nosa andaina con dous grupos de rapazada de 5º e 6º de primaria.
A nosa primeira parada é un libro de aventuras da escritora
galega LEDICIA COSTAS: “VAMPIRA DE BIBLIOTECA”.
Haberá xuntanzas cada quince días onde comentaremos a
historia desta vampira ben curiosa.
Seguiremos informando!