sábado, 4 de decembro de 2021

3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

 



Para a celebración deste día tan importante no que se reinvindican os dereitos das persoas con diversidade funcional e a súa inclusión real na sociedade, no cole fixemos varias actividades.

VISITA DE SARA E ROCÍO, dúas traballadoras usuarias do servizo “Emprego con apoio” de Down Vigo.

O venres 3, as aulas de 3º e 6º de primaria tiveron o privilexio de entrevistar a dúas mozas que están traballando en sendas empresas de limpeza e automoción.

Faláronnos da súa experiencia laboral, en que consistía o seu emprego, as dificultades para atopar traballo, o que máis lle gustaba, o que estudaran etc.

A rapazada quedou impresionada do traballadoras que son e de como cada persoa coa súa diversidade pode acadar aquilo que se propoña.

 




EXPOSICIÓN “O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS”.

Como o camiño da inclusión percórrese entre todos, tamén elaboramos unha exposición de carteis nos que manifestamos pautas para fomentar a inclusión no ocio, na escola, no traballo así como na accesibilidade universal. Cada cartel ía acompañado dun código QR que contiña un audio descritivo do mesmo. O obxectivo foi dar acceso á exposición a persoas con baixa visión ou cegueira.

Aquí vos deixamos un video da exposición.





Ningún comentario:

Publicar un comentario