Esta semana o club de lectura Ratiños literarios xuntouse para comentar A culpa, un thriller que nos mantivo pegadas á historia ata as últimas páxinas.
Non deixedes de lelo, recomendadísmo!!
Seguimos lendo!
Esta semana o club de lectura Ratiños literarios xuntouse para comentar A culpa, un thriller que nos mantivo pegadas á historia ata as últimas páxinas.
Non deixedes de lelo, recomendadísmo!!
Seguimos lendo!
Desta vez o club de lectura Lunares en acción tivo unha lectura moi especial. A rapazada compartiu lecturas coas súas familias e tivemos un encontro ben enriquecedor con elas no que debatimos e falamos sobre o poder da amizade. Este é o gran tema do libro Wonder: El juego de Christopher de R.J.Palacios.
Grazas familias por acompañarnos e gozar con nós dos libros.
Grazas biblio do CEIP Bouza Brey polo préstamo!
Cal será a seguinte parada lectora?
Onte e hoxe tivemos a gran sorte de ter na biblio de lunares a Soledad Felloza para gozar dun obradoiro de narración oral. O alumnado de 4º e 5º aprendeu técnicas de voz e de expresión oral para mellorar os nosos podcast. Canto aprendimos!!
O equipo de dinamización da lingua galega propuxo a elaboración de carteis de cinema con frases tipicamente galegas e velaquí as tedes! Creatividade e humor ao poder!!
Onte conmemoramos o Día do Libro cos xa tradicionais acompañamentos lectores no patio. Foi unha xornada soleada chea de historias marabillosas contadas pola nosa cativada.
Seguide lendo e desfrutando da maxia dos libros!
Onte foi un día especial para Lunares en acción. Anxo Iglesias veu a presentar o seu libro de poemas “Unha nova dimensión”. Lémolo no club e onte por fin coñecimos ao seu autor.
Foi un encontro marabilloso, cheo de risas, poemas e incluso rap!
En marzo o club de lectura Fiúnchos literarios aproveitando a conmemoración do Día do cómic (17 de marzo), lemos “Soy su silencio” de Jordi Lafrebe.
Unha banda deseñada orixinal que nos deixou prendadas coas súas personaxes e as súas ilustracións. Un gusto navegar por viñetas cheas de intriga para chegar a un final canto menos sorprendente.
@BiblioLunaresO club de lectura álbums encantados segue compartindo lecturas e gozando das marabillosas ilustracións!
Onte 2 de abril tivemos na biblio un contacontos en familia, por mor da conmemoración do Día do libro infantil e xuvenil.
Unha veintena de familias gozaron de Uxía Morán e as catro historias que compartiu: Chuvisca, Unha chea de lobos, Facer dedo e Leotolda.
Houbo risas a esgalla e diversión asegurada!
Hoxe reuniuse o club de lectura Ratiños literarios para comentar “Las vencedoras” de Laetitia Colombani.
Novela positiva e que deixa “un bo sabor de boca” sobre a sororidade e o poder da empatía.
Recomendadísimo!
Nos recreos diferentes equipos de contacontos de voluntariado anda argallando contadas interesantes das que nos irán informando!
Estade atentxs!
@BiblioLunares
Os clubs de lectura Lunares en acción están lendo estas semanas poesía para conmemorar o Día internacional da poesía.
@BiblioLunares
Lunares está feliz porque temos novo club de lectura especialista en contos. O alumnado de 4º xuntouse para elixir bos álbums ilustrados, analizando cubertas, gardas, historias, personaxes etc. para poder ir a contalos a diferentes aulas.
Xa vos iremos informando!!
Deixámosvos o novo podcast de Lunares Fala no que damos boa conta de todo o que fixemos na última tempada! Non volo perdades!!
O alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria foron o venres aos cines en Vigo. Menuda experiencia viviron coa peli Patrick e aproveitando uns cómodos puffs.
Collendo ideas para o que estamos tramando…
Para comezar abril, o mes dos libros, o martes 2 teremos na biblio de Lunares a Uxía Morán que fará unha contada de álbums moi divertidos para que veñades en familia!
Animádevos!!
Hoxe 8M reuniuse todo o alumnado de club de lectura para falar da novela gráfica Supersorda da autora Cecè Bell.
Comentamos e valoramos esta incrible banda deseñada autobiográfica que nos ensina sobre o respeto ás diferenzas e a loita por un mundo en equidade.
Seguimos lendo!!
O alumnado do club de lectura Álbums encantados fixeron o primeiro intercambio de exemplares coas previas recomendacións. Falamos das ilustracións, das historias tan marabillosas (incluso sen palabras) que contan e do que cambiaríamos ou non.
Xornada marabillosa que repetiremos en breve!
Grazas Ies O Barral pola acollida!
A semana do 23F, e como se dunha peli se tratase, conmemoramos o Día de Rosalía elaborando poemas a partir do seu sonado “Adiós ríos, adiós fontes”. A temática tiña que ser unha problemática actual de Galicia, así que nos puxemos reinvindicativos e entonamos a Rosalía coma se en Hollywood estiveramos.
#Equipodedinamizacióndalinguagalega
https://lunaresfalagalego.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia-de-castro.html?m=1
Este martes as familias do club de lectura Ratiños literarios xuntouse para comentar a novela autobiográfica de Najat El Hachmi “El lunes nos querrán”.
Narra a súa historia persoal de búsqueda de liberdade e loita contra o mundo de opresión no que medrou.
Animádevos a lela! A nós deunos para falar e falar!
Este martes xuntouse de volta o club de lectura de mestras para falar de Síbaris, obra teatral póstuma de Domingo Villar.
Recomendada 100% ...non te deixará indiferente...
E teremos a sorte de vela representada en xuño no Teatro Principal de Ourense.
Xa estamos preparadas para a seguinte lectura!
Con motivo da conmemoración do 11 de febreiro, Día da nena e a muller na ciencia, tiveron lugar as III Xornadas O camiño da muller na ciencia.
Desta vez contamos con científicas que fixeron interesantísimos experimentos, descubrimos o seu traballo diario no laboratorio e incluso oñecimos de preto o traballo de campo co marisqueo.
Un auténtico luxo de novo, coñecer de preto o traballo de mulleres galegas na ciencia.
Este venres por fin gozamos do desfile entroideiro con diferentes comparsas de cinema: Inside Out, superheroes e superheroínas, Madagascar, Piratas del Caribe, Los increíbles, 101 Dálmatas, Toy Story, Klaus e Mary Poppins. Todo acompañado das nosas palomiteras e dos protagonistas da peli de Grease.
Familias e alumnado bailamos e trouleamos xuntos!
ALU-cinema de Entroido!
Lunares en acción estivo a ler neste día entroideiro o clásico de Michael Ende “Momo”.
Tal e como ela di: “O tempo é vida e a vida reside no corazón”.
Seguimos lendo!
Para conmemorar o día da Paz, creamos o noso propio paseo da fama con estrelas pola paz. Cada aula escolleu unha frase dunha película e unha B.S.O. que sonou mentres colocaban as estrelas.
Convertímonos en estrelas por un día!
A semana pasada estivemos a traballar sobre o Día da educación a través de diferentes filmes. Con todo o traballado cada nivel elaborou un cartel que expuxemos nun dos corredores.
#Este curso é de ALU-cinema
No blogue do equipo de dinamización da lingua galega podedes seguir máis propostas:
httpsq://lunaresfalagalego.blogspot.com/?m=1
Este martes xuntouse de novo o club de lecturas de familias Ratiños literarios. Desta vez comentamos Rewind de Xoan Tallón, novela na que nos conta unha mesma historia dende diferentes puntos de vista.
Seguimos lendo!
Esta lectura de Lunares en acción foi moi especial: La señorita Bubble de Ledicia Costas.
Compartímola co alumnado dos clubs de lectura do IES Val do Tea e o CEIP Fermín Bouza Brey.
Xuntámonos para unha cominola lectora e para ver a peli na que se inspirou Ledicia Costas para escribir a novela: Mss. Peregrine y el hogar de los niños peculiares. Un filme cheo de nenxs peculiares tal como describe tamén no libro Ledicia.
Un día cheo de emocións!!
Lunares volta de Nadal con moitas lecturas.
O primeiro en comezar foi o club de lectura Fiúnchos literarios coa novela de Almudena Grandes, La madre de Frankenstein.