Para a celebración deste día tan importante no que se reinvindican os dereitos das persoas con diversidade funcional e a súa inclusión real na sociedade, no cole fixemos varias actividades.
VISITA DE SARA E ROCÍO, dúas traballadoras usuarias do
servizo “Emprego con apoio” de Down Vigo.
O venres 3, as aulas de 3º e 6º de primaria tiveron o
privilexio de entrevistar a dúas mozas que están traballando en sendas empresas
de limpeza e automoción.
Faláronnos da súa experiencia laboral, en que consistía o
seu emprego, as dificultades para atopar traballo, o que máis lle gustaba, o
que estudaran etc.
A rapazada quedou impresionada do traballadoras que son e de
como cada persoa coa súa diversidade pode acadar aquilo que se propoña.
EXPOSICIÓN “O CAMIÑO QUE NOS FAI IGUAIS”.
Como o camiño da inclusión percórrese entre todos, tamén
elaboramos unha exposición de carteis nos que manifestamos pautas para
fomentar a inclusión no ocio, na escola, no traballo así como na accesibilidade
universal. Cada cartel ía acompañado dun código QR que contiña un audio descritivo do mesmo. O obxectivo foi dar acceso á exposición a persoas con baixa visión ou cegueira.
Aquí vos deixamos un video da exposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario