sábado, 12 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A semana do 8M no Ramiro camiñamos XUNTXS cara a igualdade.

Tivemos unha contacontos moi especial, Uxía Morán, que nos fixo gozar e rir ás gargalladas.

Na biblio seleccionamos libros que reinvindican o papel da muller na sociedade e estrenamos un novo xogo cooperativo baseado no libro “Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes”.

Dende o equipo de convivencia, enmarcado no proxecto Donas de si, fixemos dous murais colaborativos no que visibilizamos a mulleres importantes da historia de España e construímos un camiño cara a igualdade real.

Tamén puidemos coñecer cada día, no hall do centro, a unha muller relevante en diferentes facetas: Cristina Gutiérrez, Alexia Putellas, Vanessa Martín, Penélope Cruz e Flora de Pablo.

E moitas máis actividades que podedes ver resumido a continuación:



Ningún comentario:

Publicar un comentario