A semana do 8M no Ramiro camiñamos XUNTXS cara a igualdade.
Tivemos unha contacontos moi especial, Uxía Morán, que nos
fixo gozar e rir ás gargalladas.
Na biblio seleccionamos libros que reinvindican o papel da
muller na sociedade e estrenamos un novo xogo cooperativo baseado no libro “Cuentos
de buenas noches para niñas rebeldes”.
Dende o equipo de convivencia, enmarcado no proxecto Donas
de si, fixemos dous murais colaborativos no que visibilizamos a mulleres
importantes da historia de España e construímos un camiño cara a igualdade
real.
Tamén puidemos coñecer cada día, no hall do centro, a unha
muller relevante en diferentes facetas: Cristina Gutiérrez, Alexia Putellas,
Vanessa Martín, Penélope Cruz e Flora de Pablo.
E moitas máis actividades que podedes ver resumido a
continuación:
Ningún comentario:
Publicar un comentario