martes, 23 de abril de 2019

DIA MUNDIAL DO LIBRO 2019



No día mundial do libro, o noso voluntariado estrea a zona de relaxación, realizando durante o recreo unha sesión de contacontos para todos aqueles compañeiros que se queiran achegar.

Durante toda a semana narrarán diferentes contos con motivo desta data.





mércores, 3 de abril de 2019

UN QUIOSCO CARGADIÑO DE NOVAS!

Pois si que tivo traballo a nosa quiosqueira Lunares. Entre todo o colexio foron cubrindo de prensa o espazo da entrada. Moi bo traballo!

 Durante toda a semana os grupos traballaron coa prensa nas diferentes horas de visita.