mércores, 12 de novembro de 2025

BELEZA VERMELLA DE ARANTXA PORTABALES

 Este martes as familias de Ratiños literarios xuntáronse para comentar o thriller "adictivo" da autora Arantxa Portabales, "Beleza vermella". Foi unha lectura que nos consumiu ata o final, sumerxíndonos na súa atmosfera e personaxes.

Lectura máis que recomendada!




venres, 7 de novembro de 2025

MES DA CIENCIA CON LUNARES

 Novembro, mes da ciencia nas bibliotecas.🦠🧬🔭🧫🔬


Lunares xa escolleu libros cos que os mestres e mestras poderán experimentar nas aulas.

E ti, tes un libro de ciencia favorito?



mércores, 5 de novembro de 2025

OBRADOIRO DE ÁLBUM EN FAMILIA

A tarde deste martes, non foi unha tarde calquera. Ivana Gómez (@libros_e_libros) levounos de viaxe a través dos sentidos que espertan os álbums ilustrados. Foi un lugar de encontro entre xeracións, onde familias, profes e alumnado de diferentes idades compartimos a maxia de abrir un álbum e deixarnos sorprender.

Grazas familias por vir a compartir estes momentos!







@libros_e_libros

@libros_e_libros

@libros_e_libros@libros_e_libros

@libros_e_libros

xoves, 30 de outubro de 2025

Álbums encantados aquí están!

Este xoves arrepiante na biblio de Lunares estivo protagonizado polas persoas do club de lectura Álbums encantados! 

Estivemos argallando que sería iso dun álbum ilustrado e xa cada unha ten a súa lectura preparada!! 

Ies O Barral, estamos agardando por vós xa!! 







mércores, 29 de outubro de 2025

Semana arrepiante…!!!

No Ramiro Sabell estivemos a celebrar na nosa biblioteca unha semana ben terrorífica.

O luns tivemos a sorte de contar coa Bruxa Maruxa de @varelamanuela e deleitar á rapazada de 3° a 6°...

https://www.instagram.com/reel/DQULyj9jBoy/?igsh=dzJjbWRvMW5udmxq



E o martes Lunares encheu a biblioteca coa rapazada de infantil, 1° e 2º.

Había moreas de cabazas, vermes, vampiros, unha velliña e moito medo...

O equipo da biblioteca escenificou Corre, corre cabaciña e Violeta quere ser vampiro...

Seica se escoitou algún que otro berro polos corredores...






Feliz Samaín e longa vida ás bibliotecas escolares...

 https://www.instagram.com/reel/DQYpIv-gGOg/?igsh=MXAwcm54N3Buend5cw==

mércores, 22 de outubro de 2025

Lunares en acción volve!

 Este ano volvemos co club de lectura Lunares en acción!! Desta vez 26 persoiñas divididas en 2 grupos desfrutarán das viaxes que faremos por diferentes lecturas! 


Xa vos iremos contando! Comezamos cunha vampira ben coñecida…







mércores, 15 de outubro de 2025

Reencontro de Ratiños

 Este martes as familias do club de lectura Ratiños literarios volvéronse xuntar despois do verán. Comentamos recomendacións lectoras (moitas!!) e descubrimos cal vai a ser a nosa primeira parada este ano… xa volo contaremos, por agora.. imos ler!





xoves, 2 de outubro de 2025

Outubro arrepiante!!

 Lunares xa comeza as súas andanzas dando sustos, que estará argallando? 






luns, 22 de setembro de 2025

RATIÑOS LITERARIOS VOLVE!

Xa estamos aquí de volta despois do verán!

Este ano teremos de novo na biblio de Lunares un club de lectura para familias!! Será un martes ao mes de 16 a 17h con opcións de conciliación.

Anímate!!



luns, 23 de xuño de 2025

Alfombras que dan a nota

 Ponteareas amenceu onte con música nas súas alfombras. Familias do cole e alumnado traballaron duro para dar forma ao noso PDI Lunaresdáanota nas alfombras do Corpus. Canta creatividade e arte!! Noraboa!!





Grazas Anpa Pena do equilibrio por estar sempre aí! 


@BiblioLunares

mércores, 18 de xuño de 2025

LunaresFest

Onte o Ramiro Sabell celebraba a Festa da música.

Rapazada, familias, auga, tatuaxes, brillos, chapas, palomitas ,xeados e moita música, todo para despedir un marabilloso curso .

Grazas a tod@s os que viñestes

Grazas a @paconogueiras 

Grazas a @priscilagrupo 

Grazas a Anpa Pena do equilibro

Grazas a DJ Vin

Grazas a organización Rock in Río Tea e a Concello De Ponteareas por axudar a levar mellor a calor.

Vémonos en setembro!


venres, 13 de xuño de 2025

Lunares en acción despídese ata setembro

Hoxe o alumnado do club de lectura Lunares en acción despediu o curso co libro “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”  e moita música! 

En palabras de Zoe, un libro “actualizado” que na nosa biblio levaría un lunares morado, por ser coeducativo.




En setembro volvemos con novas aventuras!! 

Grazas a todxs por participar un ano máis! 


@BiblioLunares


Lunares Fest!!!!


 

xoves, 12 de xuño de 2025

O voluntariado conta contos!

 Este xoves foi un día especial para o voluntariado da biblio de lunares. Teatralizamos dous contos para a Galiña azul de As neves e a Residencia de maiores Santa Ana en Ponteareas. 

Un parruliño sen sorte e La ovejita que vino a cenar foron os contos elixidos que levaron a escena entre risas, aplausos e algunha que outra madalena! 




Que ben o pasamos!  Voltaremos para o ano!

@BiblioLunares

martes, 27 de maio de 2025

El verano que mi madre tuvo los ojos verdes

 Este martes pechamos o curso co club de lectura de familias Ratiños literarios. 

Desta vez descubrimos unha voz moldava, Tatiana Tibuleac, coa súa obra El verano que mi madre tuvo los ojos verdes.

Unha obra cunha escrita fabulosa que nos enganchou de principio a fin. A pesar de ser unha historia dura, nos invita a valorar o que temos e a desfrutar do día a día.


En setembro nos volvemos atopar!! Grazas familias por facer máis grande a nosa biblio.

@BiblioLunares

mércores, 21 de maio de 2025

Lunares aprende braille

Onte o Departamento de Orientación, xunto coa nosa querida Greta, organizamos un obradoiro moi especial para os máis cativos. Greta ensinounos como ler e escribir en Braille e, sobre todo, como ver o mundo dende outra perspectiva. ✨


Foi unha experiencia chea de aprendizaxe, empatía e emoción. Porque no cole, todos e todas aprendemos de todos e todas. 💫



Grazas, Greta, por abrirnos os ollos… e o corazón. 🖐️🤍

martes, 20 de maio de 2025

Roteiro literario

 Este martes o alumnado do club de lectura Lunares en acción e o voluntariado da biblio foron de Roteiro a Padrón. Visitamos a casa de Rosalía de Castro, pioneira da literatura en galego; coñecimos a vila onde pasou algúns anos e divertímonos no parque do Xirimbao. 


Foi un día marabilloso cheo de risas e amizade ao redor dos libros! 

@BiblioLunares

luns, 19 de maio de 2025

Música con lunares

 Leti, a nosa mestra de música, encheu a biblioteca de notas e acordes. Foi un concerto para coñecer alguns instrumentos de corda como o violonchelo, a viola e o violín . 



Luis Caballero e Serguey Maxivom explicaron algunhas das características dos instrumentos e interpretaron algunha obra de música clásica.

luns, 12 de maio de 2025

Lecturas interxeracionais

Este venres foi un día especial para a rapazada do club de lectura Álbums encantados. Xuntas/os visitaron o Centro de día Galeón de Ponteareas para lerlles os álbums encantados que estivemos descubrindo todo este curso. 



Entre trazo e trazo descubriron personaxes, atoparon miradas cómplices, contaron anécdotas e, por riba de todo, compartiron momentos máxicos ao redor dos libros. 



Os álbums e as súas historias unen xeracións e miradas. Non deixedes de lelos!



@BiblioLunares

venres, 9 de maio de 2025

As emocións volveron con Lunares

Este xoves as familias do cole puideron volver desfrutar dunha xornada con Patricia Canaval para falar de xestion emocional e acompañamento ás crianzas. 

Foi unha tarde cargada de aprendizaxes e novas ferramentas coas que practicar.



@BiblioLunares

venres, 25 de abril de 2025

Rede BiblioTea no Día do libro

Hoxe foi un día moi especial para todos os clubs de lectura de Ponteareas. Xuntámonos no parque da Concordia para festexar os libros e a lectura! Estivo amenizado por Bea Campos e polo grupo Alteanos que puxo música ao noso momento de convivencia lectora.






Longa vida ás lecturas compartidas! 

@BiblioLunares

mércores, 23 de abril de 2025

Día do libro

Lunares estivo feliz con toda a rapazada desfrutando dun ratiño lector entre maiores e pequenos.





"...viaxar a lugares inexplorados, sentir a pulsión do desexo, tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos o sabor dos labios amados... abrir un libro!" Manuel Núñez Singala

Feliz día do libro

Encontro con Eva Mejuto

Este martes 22 de abril, os clubs de lectura Ratiños literarios e Lunares en acción tiveron a sorte de poder conversar con Eva Mejuto. 

Lunares en acción leu a novela de aventuras O día que choveron gatos cunha anécdota ben divertida que detonou a súa escrita e que nos fai reflexionar sobre como nos relacionamos co resto de animais. 



Ratiños literarios achegouse á historia descoñecida das irmás Touza en Ribadavia nos anos 40. Unha historia de afouteza con mulleres fortes e loitadoras como protagonistas. 



Foi unha marabilla de encontro! 

Seguiremos lendo!

@BiblioLunares

domingo, 30 de marzo de 2025

Emocións en familia

 Este xoves tivemos a primeira sesión do Obradoiro sobre regulación emocional para familias con Patricia Canabal. 

Patricia fíxonos conectar coas nosas crianzas para poder facer un acompañamento cada vez máis respectuoso. 




Grazas familias por vir!! Vémonos en maio!

@BiblioLunares

xoves, 27 de marzo de 2025

Marzo, mes da poesía

Neste mes de marzo, no club de lectura Lunares en acción estivemos a ler poesía. Pero….dun xeito ben divertido!! Recitamos e rapeamos poemas de dous libros marabillosos. 






#Lerpoesíamola

@BiblioLunares



venres, 21 de marzo de 2025

Novo encontro de álbums encantados

Este venres xuntámonos de novo alumnado do club de lectura Álbums encantados do cole e do IES. Foi unha xornada marabillosa chea de ilustracións que nos fixeron pensar. Houbo álbums que nos deron “leccións de vida” como dixo Leire ou que “contan algo difícil dun xeito sinxelo” según Sara. 






Momentos inolvidables que de seguro deixarán pegada. Vémonos na seguinte!

@BiblioLunares

xoves, 20 de marzo de 2025

Obradoiro de teatro radiofónico

Esta semana tivemos no cole a Paula Carballeira para un obradoiro de teatro na radio a través da súa peza teatral Somos os monstros. 

Foi unha experiencia marabillosa!!




@BiblioLunares