venres, 25 de abril de 2025

Rede BiblioTea no Día do libro

Hoxe foi un día moi especial para todos os clubs de lectura de Ponteareas. Xuntámonos no parque da Concordia para festexar os libros e a lectura! Estivo amenizado por Bea Campos e polo grupo Alteanos que puxo música ao noso momento de convivencia lectora.






Longa vida ás lecturas compartidas! 

@BiblioLunares

mércores, 23 de abril de 2025

Día do libro

Lunares estivo feliz con toda a rapazada desfrutando dun ratiño lector entre maiores e pequenos.





"...viaxar a lugares inexplorados, sentir a pulsión do desexo, tremer en seguranza cun medo convulso, notar nos beizos o sabor dos labios amados... abrir un libro!" Manuel Núñez Singala

Feliz día do libro

Encontro con Eva Mejuto

Este martes 22 de abril, os clubs de lectura Ratiños literarios e Lunares en acción tiveron a sorte de poder conversar con Eva Mejuto. 

Lunares en acción leu a novela de aventuras O día que choveron gatos cunha anécdota ben divertida que detonou a súa escrita e que nos fai reflexionar sobre como nos relacionamos co resto de animais. 



Ratiños literarios achegouse á historia descoñecida das irmás Touza en Ribadavia nos anos 40. Unha historia de afouteza con mulleres fortes e loitadoras como protagonistas. 



Foi unha marabilla de encontro! 

Seguiremos lendo!

@BiblioLunares