martes, 27 de maio de 2025

El verano que mi madre tuvo los ojos verdes

 Este martes pechamos o curso co club de lectura de familias Ratiños literarios. 

Desta vez descubrimos unha voz moldava, Tatiana Tibuleac, coa súa obra El verano que mi madre tuvo los ojos verdes.

Unha obra cunha escrita fabulosa que nos enganchou de principio a fin. A pesar de ser unha historia dura, nos invita a valorar o que temos e a desfrutar do día a día.


En setembro nos volvemos atopar!! Grazas familias por facer máis grande a nosa biblio.

@BiblioLunares

mércores, 21 de maio de 2025

Lunares aprende braille

Onte o Departamento de Orientación, xunto coa nosa querida Greta, organizamos un obradoiro moi especial para os máis cativos. Greta ensinounos como ler e escribir en Braille e, sobre todo, como ver o mundo dende outra perspectiva. ✨


Foi unha experiencia chea de aprendizaxe, empatía e emoción. Porque no cole, todos e todas aprendemos de todos e todas. 💫



Grazas, Greta, por abrirnos os ollos… e o corazón. 🖐️🤍

martes, 20 de maio de 2025

Roteiro literario

 Este martes o alumnado do club de lectura Lunares en acción e o voluntariado da biblio foron de Roteiro a Padrón. Visitamos a casa de Rosalía de Castro, pioneira da literatura en galego; coñecimos a vila onde pasou algúns anos e divertímonos no parque do Xirimbao. 


Foi un día marabilloso cheo de risas e amizade ao redor dos libros! 

@BiblioLunares

luns, 19 de maio de 2025

Música con lunares

 Leti, a nosa mestra de música, encheu a biblioteca de notas e acordes. Foi un concerto para coñecer alguns instrumentos de corda como o violonchelo, a viola e o violín . 



Luis Caballero e Serguey Maxivom explicaron algunhas das características dos instrumentos e interpretaron algunha obra de música clásica.

luns, 12 de maio de 2025

Lecturas interxeracionais

Este venres foi un día especial para a rapazada do club de lectura Álbums encantados. Xuntas/os visitaron o Centro de día Galeón de Ponteareas para lerlles os álbums encantados que estivemos descubrindo todo este curso. 



Entre trazo e trazo descubriron personaxes, atoparon miradas cómplices, contaron anécdotas e, por riba de todo, compartiron momentos máxicos ao redor dos libros. 



Os álbums e as súas historias unen xeracións e miradas. Non deixedes de lelos!



@BiblioLunares

venres, 9 de maio de 2025

As emocións volveron con Lunares

Este xoves as familias do cole puideron volver desfrutar dunha xornada con Patricia Canaval para falar de xestion emocional e acompañamento ás crianzas. 

Foi unha tarde cargada de aprendizaxes e novas ferramentas coas que practicar.



@BiblioLunares