venres, 30 de xaneiro de 2026

Álbums compartidos

 Este venres tivemos unha nova xuntanza do club de lectura Álbums encantados chea de imaxes, maxia, emocións e e palabras. 

Que mellor xeito de conmemorar o Día da ilustración que desfrutando delas! 

Grazas compis de @bibliobarral, vémonos na seguinte!




mércores, 28 de xaneiro de 2026

Invisible en familia

Está semana as xuntanzas de Lunares en acción tiveron moita emoción. Invitamos ás familias a ler e comentar con nós a novela Invisible de Eloy Moreno. 

Foron momentos compartidos cheos de ilusión e dun obxectivo común que é acabar co bullying. 

Grazas familias por estar sempre!