xoves, 26 de febreiro de 2026

Lunares segue lendo

Este mes o alumnado de Lunares en acción segue descubrindo lecturas. Desta vez cada grupo leu unha diferente: Plan de rescate de Antía Yáñez e Charlie y la fábrica de chocolate de Roald Dahl. Como as desfrutamos!!





mércores, 25 de febreiro de 2026

TEA ROOMS de Luisa Carnés

Este mes o club de lectura de familias estivemos lendo un clásico olvidado dunha escritora moi relevante da xeración do 27, Luisa Carnés.

Novela social que reflexa fielmente a vida no Madrid dos anos 30 dende a voz das mulleres que o viviron.

Un pracer descubrir novas voces que durante anos estiveron silenciadas.




mércores, 11 de febreiro de 2026

V Xornadas O camiño da muller na ciencia

Esta semana na biblio de Lunares conmemoramos as V Xornadas O camiño da muller na ciencia con motivo do 11F Día da muller e a nena na ciencia.

Marta, Andrea F., Merce, Araceli, Carmen, Susana, Andrea H., Silvia e Paula amosáronnos o mundo da ciencia dende preto, coma se dunha mostra nun microscopio se tratase. Grazas!!

Porque... xa dicía Rosalind Franklin que “a ciencia é todo o que nos rodea” así que só debemos aprender a mirala.








martes, 3 de febreiro de 2026

Encontro con Pedro Feijoo

Este mes as familias de Ratiños literarios estiveron el do Memoria da choiva de Pedro Feijoo. 

Este martes tivemos a gran sorte de compartir tempo (ese valioso agasallo) con Pedro para comentar, hipotetizar e desgranar a historia de Rosalía, esa gran “descoñecida”. Entre gominolas e risas fixemos comunidade a través dos seus libros porque “non só é verídico, senón que é verdade” que a lectura se desfruta máis cando se comparte.

Grazas Pedro pola túa cercanía e grazas familias por deixarvos levar a través dos libros.