venres, 8 de xuño de 2018

Éranse dúas Meninas...



O curso 2017/2018 chega ó final, xa non queda nada. 
Unha das últimas actividades que fixemos desde a Biblio Sabell foi decorar estas dúas meninas para participar no proxecto “Flores para as Meninas” e asi apoiar 
 á organización Avelaíña de axuda a persoas con enfermidades mentais.

Avelaíña destinará os cartos recadados ao proxecto “Fisicamente activo e mentalmente saudable” que permitirá a realización de deporte e exercizo físico aos seus usuarios e usuarias.



Ningún comentario:

Publicar un comentario