martes, 4 de decembro de 2018

Lunares polo Nadal

Pomos en marcha dende a biblioteca a nosa proposta polo Nadal “Tantos contos… coma cores”. 
Aproveitándonos da nosa querida mascota, presentámosvos uns amigos moi especiais. Resulta que Lunares, fai algunha escapadiña ca outra cando non nos damos de conta. Nelas coñeceu un par de nenas e nenos que lle ensinaron un mogollón de cousas....

Xan é un amigo da Mariña Luguesa.
Katia é unha amiga de Xan e de Lunares, ela é de Cabo Verde.
Lin é de Madrid, e as súas nais son de Xapón. 
Alí é de Marrocos, coñeceu a Lunares unha das súas saídas.
  

Familias!!! Iredes recibindo de cada certo tempo unha mochiliña na que veredes un conto sobre a diversidade cultural na que vivimos e un caderno, os vosos fillos e fillas diranvos o resto...

    



Gran agasallo e fermosa colaboración do concello, pois quedaron tan encantados ca proposta de Lunares sobre a idea de facer unhas mochilas viaxeiras; que lle axudáron con estas fermosas bolsas deportivas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario