Amosando publicacións coa etiqueta contorna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contorna. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de xuño de 2024

Contacontos interxeracionais

 Hoxe foi un día especial para o voluntariado da biblioteca de Lunares. 

Por equipos prepararon contacontos que levaron á Escola Infantil de As Neves e ao centro de día Santa Ana en Ponteareas.

Menuda experiencia chea de ilusión e emoción a partes iguais! 







@BiblioLunares

martes, 16 de xaneiro de 2024

A Señorita Bubble

Esta lectura de Lunares en acción foi moi especial: La señorita Bubble de Ledicia Costas.


 

Compartímola co alumnado dos clubs de lectura do IES Val do Tea e o CEIP Fermín Bouza Brey.



Xuntámonos para unha cominola lectora e para ver a peli na que se inspirou Ledicia Costas para escribir a novela: Mss. Peregrine y el hogar de los niños peculiares. Un filme cheo de nenxs peculiares tal como describe tamén no libro Ledicia. 



Un día cheo de emocións!! 

@BiblioLunares



martes, 19 de decembro de 2023

Club de lectura Albums encantados

Hoxe na biblio de Lunares tivemos unha visita moi especial.


Veu alumnado do IES O Barral que vai formar parte xunto con alumnado de 4º do club de lectura de album ilustrado.

Coñecímonos, divertímonos, eliximos nome e.. descubrimos o gran mundo dos álbums ilustrados.

Grazas Alejandra e @Bibliobarral por formar parte e traer maxia ao noso cole!

@BiblioLunares