martes, 28 de novembro de 2017

Biblio Sabell



Hai uns días Lunares anunciaba que habería noticias. 

E unha delas é que a biblioteca se está poñendo guapa. Banderins que penduran e algún que outro consello para saber usar e estar na Biblio Sabell.

Lunares, en breve, contaravos máis cousas que faremos no Nadal, que xa está moi preto.




martes, 21 de novembro de 2017

O novo Lunares




Aínda non vistes o fermoso que está o novo Lunares?💙

Pasade pola biblioteca, espéravos na porta, as súas cores brillan máis que nunca e as súas antenas dispostas para escoitar todo aquilo que lle queirades contar. 

Estade atentos, porque Lunares, vos traerá novas noticias.