mércores, 26 de abril de 2023

Día do libro 2023

Lunares estivo traballando para poder celebrar o Día do libro. 

Propúxonos o reto de recrear a cuberta dun libro ou de facer un bookface. E aquí tedes o resultado. Espectacular! 


Tamén levamos a cabo acompañamentos lectores entre idades no patio. Como desfrutaron pequenxs e maiores desta experiencia! Aquí vos deixamos unha mostra do que foi. 



martes, 25 de abril de 2023

Charla de alimentación saudable


Lunares invitou este martes a Adriana para que amosara ás nosas familias como planificar menús saudables e como levar a cabo unha alimentación consciente.

Foi todo un luxo e aprendimos moito. Agora toca poñelo en práctica. 




luns, 24 de abril de 2023

martes, 18 de abril de 2023

Las gratitudes de Delphine De Vigan

 Hoxe houbo xuntanza das mamás do club de lectura Ratiños literarios.

Achegámonos a unha emotiva historia sobre a importancia de agradecer ao que nos rodea e sobre o paso do tempo e como afrontalo. Todo nun tono de humor que nos fixo desfrutar moito.



Seguimos lendo!


Azucre de Bibiana Candia

O club de lectura de mestras Fiunchos literarios desta vez adentrouse na novela Azucre.

Unha viaxe pola experiencia de emigración baseada nunha dura historia real entre Galicia e Cuba.



mércores, 12 de abril de 2023