sábado, 15 de xaneiro de 2022

ENCONTRO CON LEDICIA COSTAS

 O venres 14 de xaneiro tivemos unha gran sorpresa. A gran escritora galega Ledicia Costas visitou ao alumnado dos clubes de lectura "Lunares en acción".

Entre emocións, sorrisos e nervios pasamos un tempo coa autora, no que falamos de libros, chocolate, videoxogos, inquedanzas escritoras, vampiras e moito máis.

Ademáis tivemos o privilexio de levarnos autógrafos de agasallo.

Foi unha ledicia, Ledicia! Agardámoste nas seguintes lecturas.