venres, 15 de xuño de 2018

¡E Lunares despídese ata o ano que vén!


Aquí un resumo de todo o que Lunares fixo durante este curso 2017/2018.

O equipo da biblioteca deséxavos un feliz verán e que sexades moi felices.

Ata o curso que vén.




venres, 8 de xuño de 2018

Éranse dúas Meninas...



O curso 2017/2018 chega ó final, xa non queda nada. 
Unha das últimas actividades que fixemos desde a Biblio Sabell foi decorar estas dúas meninas para participar no proxecto “Flores para as Meninas” e asi apoiar 
 á organización Avelaíña de axuda a persoas con enfermidades mentais.

Avelaíña destinará os cartos recadados ao proxecto “Fisicamente activo e mentalmente saudable” que permitirá a realización de deporte e exercizo físico aos seus usuarios e usuarias.