Este mes o club de lectura Lunares en acción estivo lendo O misterio de Portomarín de Antía Yáñez, unha historia misteriosa con toques de humor.
venres, 20 de decembro de 2024
xoves, 19 de decembro de 2024
Un nadal de sabores e sons
O martes 17 festexamos o Nadal no cole con chocolate, luces e música. Aquí vos deixamos unha mostra do que foi e o video onde vos desexamos o mellor para o Nadal e o ano que vén.
@BiblioLunares
martes, 17 de decembro de 2024
La casa de Paco Roca
Hoxe tivemos xuntanza do club de lectura de familias. Desta vez atrevímonos con banda deseñada, en concreto con La casa de Paco Roca. É unha novela gráfica costumista e real como a vida mesma.
@BiblioLunares
luns, 16 de decembro de 2024
Coñeces este álbum ilustrado?
Hoxe parte do alumnado do club de lectura álbums encantados xuntouse para seguir descubrindo novas lecturas ilustradas!
@BiblioLunares
mércores, 4 de decembro de 2024
3DECEMBRO Día das persoas con diversidade funcional
Esta semana para conmemorar o Día internacional das persoas con diversidade funcional estivemos investigando sobre diferentes persoas relacionadas coa música e a danza con diversidade funcional. Con toda esa información formamos unha pequena exposición no cole.
#LunaresDáANota
@BiblioLunares
luns, 2 de decembro de 2024
martes, 26 de novembro de 2024
Ratiños literarios
Este martes xuntáronse as familias do club de lectura Ratiños literarios para comentar a novela Alguien bajo los párpados de Cristina Sánchez -Andrade.
Unha traxedia vestida de fábula ou como dixo alguén do club “unha mistura de Telma y Louise con Kill Bill”. Novela de personaxes moi diferente! Recomendada!
@BiblioLunares
venres, 22 de novembro de 2024
Novo episodio do podcast Lunares Fala
Esta semana temos novo episodio de Lunares fala co alumnado de 3º. Non volo perdades!!
@BiblioLunares
xoves, 21 de novembro de 2024
Lunares en acción le El principito
Este ano a primeira proposta para o club de lectura de 5º e 6º Lunares en acción, foi El principito. Un clásico de 1943 do escritor francés Antoine de Saint Exupèry ao que nos achegamos con curiosidade e emoción.
mércores, 20 de novembro de 2024
Soños para levar ten premios!
Hoxe estamos de noraboa porque a maiores do 2º premio que xa recollimos no OlloBoi en xuño; este mércores recibimos o PREMIO A MELLOR GUION no XV OUrenseFilmFestival OUFF Escola coa nosa curtametraxe “Soños para levar”.
#SoñosParaLevar
@BiblioLunares
venres, 15 de novembro de 2024
Álbums encantados
O club de lectura entre alumnado de 4º de primaria da biblio de Lunares e alumnado de 1º da ESO da biblio do IES O Barral tivo a súa primeira xuntanza este venres. Coñecímonos e compartimos as primeiras inquedanzas e dúbidas sobre o álbum ilustrado.
Respirábase emoción e gañas de descubrir novas historias.
Agora que xa temos lecturas asignadas toca ler e agardar a próxima xuntanza para compartilas.
mércores, 13 de novembro de 2024
Fiúnchos literarios
Onte volvéronse xuntar as mestras do club de lectura Fiúnchos literarios para comentar a súa nova lectura “Nuestra casa en el árbol” da madrileña Lea Vélez.
Unha novela moi inspiradora sobre o poder da infancia e o papel que temos as persoas adultas para espertar as súas inquedanzas.
Seguiremos lendo!
@BiblioLunares
venres, 8 de novembro de 2024
Obradoiro de álbum ilustrado
Onte tivemos na biblio de Lunares a Montse Pena para falar de álbum ilustrado co alumnado de 4º de primaria e 1º-2º da ESO e as súas familias.
Foi un encontro marabilloso cheo de cor e historias fascinantes. O club de lectura álbums encantados foise con moitas ideas e recomendacións.
martes, 29 de outubro de 2024
Ratiños literarios está de volta!
Hoxe tivemos a primeira xuntanza do club de lectura Ratiños literarios, o club de lectura de familias. Demos un montón de recomendacións lectoras e preparámonos para a primeira proposta deste ano “Alguien bajo los párpados”.
Seguiremos contándovos!
@BiblioLunares
luns, 28 de outubro de 2024
Álbums encantados, comezamos!!
Este luns demos inicio a “Álbums encantados”; o club de lectura de álbum ilustrado que facemos co IES O Barral.
E xa temos a primeira sorpresa!!
O vindeiro xoves 7 de novembro teremos un obradoiro de álbum ilustrado a cargo de Montse Pena, que compartiremos tamén coas familias do alumnado do club de lectura.
Non volo perdades!!
venres, 25 de outubro de 2024
I Encontros de clubs de lectura de Ponteareas
Por mor da inauguración dos clubs de lectura deste curso, este venres 25 de outubro xuntámonos todos os clubs de Ponteareas no auditorio. No encontro contamos con Susana Lamela e Juan Abalde que nos motivaron a seguir lendo e escribindo.
Mariña e Mateo explicaron o funcionamento do noso club de lectura Lunares en acción e compartimos moitas lecturas.
Retomando as palabras de Manolo Rivas que recolleu a nosa compañeira Esme: “A propia condición do club de lectura e da biblioteca é a biodiversidade, son unha unidade de emoción onde todo suma e nada exclúe”.
Así que longa vida aos libros, ás bibliotecas e aos clubs de lectura que nelas medran.
@BiblioLunares
INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA DE LUNARES!
Este xoves 24 de outubro foi moi especial para Lunares. Escollemos o Día das bibliotecas para inaugurar o novo espazo da biblioteca. Despois de case un ano de melloras, aquí está xa preparada para que a desfrutedes cun montón de novas lecturas e recantos diferentes.
Animamos a festa de apertura con contos musicados por alumnado de 4º e 5º de primaria; e visitas moi especiais, que acompañamos duns petiscos ben ricos.
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi!
martes, 22 de outubro de 2024
luns, 21 de outubro de 2024
Volta Lunares en acción!
O club de lectura de alumnado de 5º e 6º iniciou andaina este luns! Comezamos coa lectura dun clásico, que de seguro nos abraiará; e cun montón de sorpresas!
Estade atentxs!!
@BiblioLunares
venres, 18 de outubro de 2024
mércores, 25 de setembro de 2024
mércores, 18 de setembro de 2024
Volve Fiúnchos literarios
Onte iniciou a nova andaina de Fiúnchos literarios, o club de lectura de mestras, coa nova obra de Ledicia Costas “Pel de cordeiro”.
Ledicia agasállanos desta vez cunha obra chea de meigas con dúas protagonistas femininas en dúas Galicias temporais.
Seguiremos lendo!
@BiblioLunares
mércores, 19 de xuño de 2024
Ranking de lecturas
O club de lectura Lunares en acción déixavos aquí o ranking das lecturas que máis gustaron este ano!
Animádevos a descubrir novas historias e personaxes!
Amanda Black
Remataron as lecturas de Lunares en acción coa novela de misterio e intriga Amanda Black: una herencia peligrosa.
Lectura que fascinou e que nos deixou un fantástico sabor de boca para agardar por novas aventuras en setembro!
luns, 17 de xuño de 2024
Contacontos interxeracionais
Hoxe foi un día especial para o voluntariado da biblioteca de Lunares.
Por equipos prepararon contacontos que levaron á Escola Infantil de As Neves e ao centro de día Santa Ana en Ponteareas.
Menuda experiencia chea de ilusión e emoción a partes iguais!
martes, 11 de xuño de 2024
Los misterios de la taberna Kamokawa
Hoxe foi o peche do club de lectura “Ratiños literarios”, e que mellor xeito que cun libro gastronómico e un doce para acompañar.
Los misterios de la taberna Kamokawa é unha novela coral sobre a importancia da comida na nosa memoria e na nosa vida; todo iso nunha Tokio misteriosa.
Grazas familias por acompañarnos estes meses.
Seguide lendo que en setembro teremos máis!
venres, 7 de xuño de 2024
FESTIVAL ALU-CINEMA
Onte foi unha tarde moi especial no Ramiro Sabell. Toda a comunidade educativa gozamos da proxección da nosa curtametraxe "Soños para levar. Unha Historia chea de historias" na que estivemos a traballar todo o curso. Alumnado, familias e proofesorado compartimos sorrisos, emoción e moito cinema nun festival de ALU-cine!
Grazas familias por compartir con nós estes momentos!
Aquí tedes unha mostra do que foi e a nosa curta para que a poidades volver ver e saborear.
domingo, 2 de xuño de 2024
Alfombras de ALU-cinema
Hoxe gozamos na nosa vila das alfombras de flores para O Corpus feitas por alumnado do cole en colaboración coa ANPA. As alfombras fixeron referencia ao noso PDI Alu-Cinema.
Que gran traballo!!
xoves, 30 de maio de 2024
Encontro con Paula Carballeira
Hoxe tivemos unha visita moi especial no club de lectura Lunares en acción.
Estivo con nós Paula Carballeira para falarmos da súa obra de teatro Carabela.
Escoitamos, xogamos, rimos, preguntamos e… pasamos un pouquiño de medo..
Foi un pracer compartir conversa con ela e tañ e como dixo: “O teatro está para que as historias cobren vida”.