Este mes o club de lectura Lunares en acción estivo a ler a obra de teatro Dormente de Raquel Castro. Un texto con moita intriga e algún que outro xiro final. Aquí vos deixamos a súa recomendación.
xoves, 6 de marzo de 2025
martes, 25 de febreiro de 2025
Coñeces este álbum?
O club de lectura álbums encantados xuntouse onte para comentar as lecturas prestadas polos compis do IES e para coñecer novos títulos. Fixemos a contada de “Cartas en el bosque”, cheo de ilustracións espectaculares que acompañan unha historia moi tenra.
Seguiremos lendo!!
@BiblioLunares
luns, 24 de febreiro de 2025
23F Día de Rosalía
Esta semana teredes na biblioteca unha exposición sobre Rosalía de Castro para conmemorar o seu día.
Non vola perdades!!
@BiblioLunares
martes, 18 de febreiro de 2025
Vestido de novia de Pierre Lemaitre
Hoxe Ratiños literarios, xuntouse para comentar o thriller psicolóxico (e maquiavélico) Vestido de novia do escritor francés Pierre Lemaitre. Non puidemos deixar de lelo ata o final!! Lédeo!!
@BiblioLunares
mércores, 12 de febreiro de 2025
11F Día da nena e a muller na ciencia
Esta semana conmemoramos no cole o Día internacional da muller e a nena na ciencia coas nosas IX Xornadas O camiño da muller na ciencia.
Grazas a todas as científicas que viñeron e compartiron con nós a súa paixón pola ciencia.
Obradoiro de teatro en familia
Hoxe tivemos a sorte de ter a Raquel Castro na nosa Biblio, impartindo un obradoiro de teatro para as familias.
Foi un ratiño moi agradable que deixou momentos para recordar...
sábado, 1 de febreiro de 2025
Lunares en acción recomenda...
venres, 31 de xaneiro de 2025
Obradoiro de origami!
Hoxe no recreo as voluntarias Elena, Lara e Julia, agasalláronnos cun obradoiro de origami no recreo. Que experiencia!!
xoves, 30 de xaneiro de 2025
Música pola paz
Hoxe celebramos o día da paz cunha xuntanza chea de cancións e mensaxes de non violencia.
mércores, 29 de xaneiro de 2025
Día da ilustración: Ler sen palabras
Esta semana inauguramos na biblio unha pequena mostra de álbum ilustrado sen palabras para que poidades desfrutar do marabilloso acto de ler ilustracións.
Deste xeito damos visibilidade a ilustradoras e ilustradores que dan forma a moitas historias.
@BiblioLunares
Creando lazos cos álbums
O venres foi o segundo encontro do alumnado da @bibliobarral do club de lectura coa nosa rapazada de 4° do club de lectura Álbums encantados. Foi emocionante volver a ver na nosa Biblio antiguas caras que pasaban ratos con Lunares.
Estivemos a compartir inquedanzas, a nosas páxinas favoritas do álbum e por que recomendaríamos este álbum ilustrado.
Xa estamos desexando que chegue a próxima xuntanza para visital@s no instituto.
@BiblioLunares
xoves, 23 de xaneiro de 2025
Lunares en acción coas súas familias
Esta semana tivemos visitas moi especiais na biblio. Entre elas, o alumnado de Lunares en acción convidaron ás súas familias a ler xuntos.
Desta vez, lemos a novela gráfica “Cuando brillan las estrellas”. Obra autobiográfica que definimos como “triste e bonita ao mesmo tempo” e que nos deixou abraiadxs.
Grazas familias por acompañarnos!
martes, 21 de xaneiro de 2025
Visita especial en Ratiños
Hoxe o club de lectura de familias tivo unha visita moi especial. A autora Paula Carballeira acompañounos na viaxe pola súa peza teatral As alumnas. Unha obra protagonizada por dúas mulleres valentes e que ensalza o valor desas MESTRAS que nos acompañan cada día cando as lembramos.
Familia, mestras e autora compartimos espazo e conversa.
Seguimos lendo!
@BiblioLunares
La mala costumbre
Hoxe reuniuse o club de lectura Fiúnchos literarios para comentar a novela “La mala costumbre” de Alana S. Portero. Unha novela valente sobre a importancia de ser unha mesma en liberdade.
@BiblioLunares
luns, 20 de xaneiro de 2025
Obradoiro de origami
As nosas voluntarias Elena, Julia e Lara xa teñen todo preparado para comezar o obradoiro de origami os luns e venres na biblioteca.
#Voluntariado activo
Coleccionando palabras
Hoxe no club de lectura Álbums encantados, estivemos a ler La coleccionista de palabras, un álbum ilustrado que fala da importancia de dicir palabras bonitas. Non volo perdades!
@BiblioLunares