venres, 31 de xaneiro de 2025

Obradoiro de origami!

Hoxe no recreo as voluntarias Elena, Lara e Julia, agasalláronnos cun obradoiro de origami no recreo. Que experiencia!!



@BiblioLunares

xoves, 30 de xaneiro de 2025

Música pola paz

Hoxe celebramos o día da paz cunha xuntanza chea de cancións e mensaxes de non violencia.




@BiblioLunares

mércores, 29 de xaneiro de 2025

Día da ilustración: Ler sen palabras

Esta semana inauguramos na biblio unha pequena mostra de álbum ilustrado sen  palabras para que poidades desfrutar do marabilloso acto de ler ilustracións. 



Deste xeito damos visibilidade a ilustradoras e ilustradores que dan forma a moitas historias.

@BiblioLunares

Creando lazos cos álbums

O venres foi o segundo encontro do alumnado da @bibliobarral do club de lectura coa nosa rapazada de 4° do club de lectura Álbums encantados. Foi emocionante volver a ver na nosa Biblio antiguas caras que pasaban ratos con Lunares.




Estivemos a compartir inquedanzas, a nosas páxinas favoritas do álbum e por que recomendaríamos este álbum ilustrado.

Xa estamos desexando que chegue a próxima xuntanza para visital@s no instituto.

@BiblioLunares

xoves, 23 de xaneiro de 2025

Lunares en acción coas súas familias

Esta semana tivemos visitas moi especiais na biblio. Entre elas, o alumnado de Lunares en acción convidaron ás súas familias a ler xuntos. 

Desta vez, lemos a novela gráfica “Cuando brillan las estrellas”. Obra autobiográfica que definimos como “triste e bonita ao mesmo tempo” e que nos deixou abraiadxs. 





Grazas familias por acompañarnos!

@BiblioLunares

martes, 21 de xaneiro de 2025

Visita especial en Ratiños

Hoxe o club de lectura de familias tivo unha visita moi especial. A autora Paula Carballeira acompañounos na viaxe pola súa peza teatral As alumnas. Unha obra protagonizada por dúas mulleres valentes e que ensalza o valor desas MESTRAS que nos acompañan cada día cando as lembramos. 

Familia, mestras e autora compartimos espazo e conversa. 





Seguimos lendo!

@BiblioLunares

La mala costumbre

Hoxe reuniuse o club de lectura Fiúnchos literarios para comentar a novela “La mala costumbre” de Alana S. Portero. Unha novela valente sobre a importancia de ser unha mesma en liberdade.



@BiblioLunares

luns, 20 de xaneiro de 2025

Obradoiro de origami

As nosas voluntarias Elena, Julia e Lara xa teñen todo preparado para comezar o obradoiro de origami os luns e venres na biblioteca. 




#Voluntariado activo

@BiblioLunares

Coleccionando palabras

Hoxe no club de lectura Álbums encantados, estivemos a ler La coleccionista de palabras, un álbum ilustrado que fala da importancia de dicir palabras bonitas. Non volo perdades!



@BiblioLunares