O club de lectura Lunares en acción mergullouse este mes na historia de Eleonora e os seus amigos. Que de aventuras!! Animámosvos a lelo!!
xoves, 20 de novembro de 2025
venres, 14 de novembro de 2025
Álbums encantados coñécese
O venres foi un día especial para o club de lectura Álbums encantados. A biblio de Lunares recibiu aos compis do IES O Barral con emoción, nervios e moitas ganas.
Foi de coñecerse e de ir descubrindo o marabilloso mundo dos álbums encantados.
Seguiremos contando!
mércores, 12 de novembro de 2025
BELEZA VERMELLA DE ARANTXA PORTABALES
Este martes as familias de Ratiños literarios xuntáronse para comentar o thriller "adictivo" da autora Arantxa Portabales, "Beleza vermella". Foi unha lectura que nos consumiu ata o final, sumerxíndonos na súa atmosfera e personaxes.
Lectura máis que recomendada!
venres, 7 de novembro de 2025
MES DA CIENCIA CON LUNARES
Novembro, mes da ciencia nas bibliotecas.🦠🧬🔭🧫🔬
Lunares xa escolleu libros cos que os mestres e mestras poderán experimentar nas aulas.
E ti, tes un libro de ciencia favorito?
mércores, 5 de novembro de 2025
OBRADOIRO DE ÁLBUM EN FAMILIA
A tarde deste martes, non foi unha tarde calquera. Ivana Gómez (@libros_e_libros) levounos de viaxe a través dos sentidos que espertan os álbums ilustrados. Foi un lugar de encontro entre xeracións, onde familias, profes e alumnado de diferentes idades compartimos a maxia de abrir un álbum e deixarnos sorprender.
Grazas familias por vir a compartir estes momentos!








