martes, 3 de febreiro de 2026

Encontro con Pedro Feijoo

Este mes as familias de Ratiños literarios estiveron el do Memoria da choiva de Pedro Feijoo. 

Este martes tivemos a gran sorte de compartir tempo (ese valioso agasallo) con Pedro para comentar, hipotetizar e desgranar a historia de Rosalía, esa gran “descoñecida”. Entre gominolas e risas fixemos comunidade a través dos seus libros porque “non só é verídico, senón que é verdade” que a lectura se desfruta máis cando se comparte.

Grazas Pedro pola túa cercanía e grazas familias por deixarvos levar a través dos libros.