mércores, 5 de xuño de 2019

A MENINA DAS CULTURAS

A menina realizada dende o noso centro ven a simbolizar o culmen do noso proxecto de centro; vertebrado dende o equipo de biblioteca, no que ao longo do ano traballamos a diversidade en todos os seus campos; rematando polos diferentes países que ten o sono planeta.

CARICATURAS PARA ANTÓN

Dende o equipo de normalización, como ven sendo cada ano; organizan un concurso de caricaturas sobre o autor ao que se lle adican as letras galegas. Dende a biblioteca queremos contibuír cunha serie de libros e fomentando a consulta sobre o autor.






O VOLUNTARIADO

Este ano contamos cunha gran axuda durante os recreos; as nosas queridas e queridos voluntarios. Grazas a eles puidemos desfrutar de actividades de contacontos como a do día do libro, axuda cando non atopabamos algún libro...



RUNCHO DE RELAXACIÓN

Xa vai para dous meses que temos o recuncho da tranquilidade e relaxación en marcha. Todos están encantados e Lunares contentísima de ver a boa acollida que tivo.