xoves, 5 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA...

Este ano decidimos facer uns reportaxes de investigación sobre xoguetes antigos galegos e expoñelos nun mural pegadiño á biblioteca.




8 MARZO

Galegas que abriron camiños….
Exeria, a primeira escritora, Isabel Barreiro, a primeira almiranta, Marcela e Elisa, a primeira voda entre mulleres, Mª Luz Morales, a primeira directora dun xornal, Olimpia Valencia, a primeira doutora, Isabel Zendal, a primeira enfermeira en misión internacional, Sofía Casanova, a primeira correspondente de guerra, Irene González, a primeira futbolista nun equipo masculino, Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira, Celia Rivas, a primeira condutora de camións, e Ángeles Alvariño, a primeira científica nun buque de investigación internacional.
Ángela Ruiz Robles, precursora do primeiro libro electrónico,  a pedagoga María Barbeito ou María Cardarelly, fotógrafa de Rosalía de Castro,  Antonia Ferrín, a primeira astrónoma; Rita F. Queimadelos, a primeira arquitecta; Antonina Sanjurjo, deportista e feminista; a actriz Mercedes Mariño; Elisa Patiño, a pioneira aeronauta; Concepción Pérez Iglesias, a primeira alcaldesa galega do concello de Portas; alén tanto da inventora dos primeiros traxes de auga, como foi Joaquina García,  como da primeira licenciada en Farmacia a viveirense Manuela Barreira Pico.
Elas abriron camiño, aínda que tarde se lles recoñeceu.






ENTROIDO

Un día xenial para todos!!!!