martes, 8 de decembro de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

 Aquí van as achegas de Lunares para este Nadal!

Día Mundial contra a violencia de Xénero

 A mellor forma de rematar coa violencia de xénero é sementar unha boa educación. Os mestr@s decidiron traballalo mediante fermosas fórmulas.



Super Lola, a superheroína que máis mola!

Traballaron o conto, o neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa.


DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Este ano tocou mollarse!!! quixemos visibilizar este día "poñéndonos no seu lugar" polo que.. a remollo acabamos e cun paraugas de empatía os cubrimos.

Quedaron ben bonitos, eh! este ano o é puramente galego, e se chove que chova.




































GaliciaLe

 Dende fianis do curso pasado temos esta iniciativa dende a plataforma de Bibliotecas públicas de Galicia.

Deixamos o vídeo onde podedes ver o doado que é o seu funcionamento.



DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Este ano o noso día foi distinto pero moi significativo, pois presentamos a proposta deste ano como proxecto de centro e o noso lema: NON TE DESCOIDES! COIDATE.




luns, 7 de decembro de 2020

ACTUALIZAMOS!

 Meus queridiñ@s.

Logo de tanto tempo sen ter novidades imos comentar unha serie de novidades que atinxen a este curso.

Comezar dicindo que polo momento e debido ao pouco espazo que ten a biblioteca, non podemos xuntarnos nela. Esperamos que en breve todo iso cambie.

Mentres, durante este tempo estivemos a traballar nunhas mochilas moi chulas. Nelas irán diferentes tipos de literatura e irán renovándose aos poucos.





mércores, 10 de xuño de 2020

LECTURAS PARA O VERÁN

Tal e como vimos a facer por estas datas, toca dar algunhas recomendacións de lectura para o verán. Aquí vos deixamos o triptico, que podedes descargar no ordenador, no teléfono ou na tablet.

luns, 18 de maio de 2020

15 ANOS DE FERMOSOS LIBROS E DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Neste documento que vos achegamos tedes un bo feixe de libros. Lunares non puido conter a emoción ao velo, pois nel aparecen moitos dos seus libros preferidos. Libros que lle traen recordos moi bonitos de cando asistía ao igual que vos á escola. De feito, xa estivo a ver se faltaba algún no cole! Polo momento, tanto se puxo a enredar que deu co seu máis querido.. "Das cousas de Ramón Lamote", e está toda relaxada no seu recunchiño a releer nel.


DIA INTERNACIONAL DOS MUSEOS.

Hoxe celébrase o día internacional dos museos. Pinchando no mapa interactivo, podedes acceder a aqueles museos; do mundo enteiro! que vos interesen.

domingo, 26 de abril de 2020

xoves, 23 de abril de 2020

CONTO ESPECIAL...

Xa que non podemos visitar hoxe a nosa biblioteca, e desfrutar do que tiñamos organizado para vós; decidimos cambiar de idea amiguiñ@s. 
Así que.... se nós non imos ao conto, o conto virá a nós!!!
DESFRUTÁDE DESTA GRAN FACEDORA DE SOÑOS. 
Moitas grazas Sabela Gago.

DIA DO LIBRO



luns, 20 de abril de 2020

SEMANA DO LIBRO!!!


O 23 de abril é o día do libro!!!!

Como este ano píllanos un pouco esparcidos polo pobo, pensamos en facer esta actividade, así é como se estivesemos xuntiños no cole. Pode quedar moi chula.

Deixamos os documentos para que o descargue quen queira, fixádevos no voso curso para así facer o que vos toque. Non é preciso a impresión do documento, podedes facelo nun folio usando como base a nosa proposta e logo poñerlle o que vos toque. Xa sabedes que nos encantan as vosas ideas!!

Aquí vos deixamos todo:

INFANTIL




1º E 2º DE PRIMARIA


3º E 4º DE PRIMARIA


5º E 6º DE PRIMARIA