mércores, 29 de xaneiro de 2020

Día escolar da non violencia e da Paz

Os nosos compañeiros de TICS organizan un día moi especial. Este curso imos xogar, si, si, imos xogar pola Paz. Tal e como se desenvolve este ano no proxecto de centro... o 30 de xaneiro: EU XOGO, TI XOGAS, XOGAMOS XUNTOS!

Durante estes días estivemos a por a canción de Jorge Otamendi, que nos transmite un fermoso mensaxe.

Dende a Biblio Sabell tamén queremos unirnos. Á nosa Lunares encántelle Bruno Mars e esta fermosa canción. Sempre que a escoita non pode conter a alegría e a emoción ao pensar en vós… os seres máis fermosos do universo, perfectos e únicos....


if you ever find yourself in the middle of the sea

(Si alguna vez te encuentras en medio del mar)
i'll sail the world to find you
(Voy a navegar por el mundo para encontrarte)
if you ever find yourself lost in the dark and you can't see
(Si alguna vez te encuentras perdido en la oscuridad y no puedes ver)
i'll be the light to guide you
(Voy a ser la luz que te guiara)
find out what we're made of
(Sabremos de lo que estamos hechos)
when we are called to help our friends in need
(Cuando estemos llamados a ayudar a nuestros amigos en necesidad)


E aquí unhas poucas imaxes do día:




xoves, 9 de xaneiro de 2020

CLUBS DE LECTURA EN ACCIÓN!


No mes de novembro deron comezo as xuntanzas dos nosos clubs de lectura quincenais. Entre todos escollemos os nomes: CAZADORES DE LENDAS e O LABORATORIO DA IMAXINACIÓN.
A nosa primeira lectura está sendo “A señorita Bubble” de Ledicia Costas, que está tendo unha moi bo acollida.
Despois da lectura persoal, comentamos, debatimos e compartimos inquedanzas sobre a historia, os seus personaxes e o que nos trasnmiten.
Tras o Nadal, continuaremos na nosa viaxe a través da lectura.