xoves, 21 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 O día do libro debe ser tódolos días!! Aínda así, esta semana queremos adicarlle un EXTRA.

Proceso de creación dos nosos LIBRORETOS













CAUSARON UNHA GRAN ACOLLIDA!!!









 

martes, 19 de abril de 2022

MOMO

O alumnado do club de lectura leu desta vez o clásico de Michael Ende, Momo de 1974. Foi unha lectura moi entretida e permitulles reflexionar sobre o significado do tempo nas nosas vidas e sobre que ocorrería se alguén nolo roubara.

Continuamos lendo! 





martes, 5 de abril de 2022

Rosalía de Castro ilustrada

Grazas á participación do centro no plan proxecta Donas de si, o pasado venres visitounos un contacontos xunto cunha ilustradora en 5º de educación primaria para coñecer a Rosalía de Castro. Mentres o contacontos, con gran enxeño e destreza achegábanos a vida de Rosalía, a ilustradora fíxonos gozar da súa arte. Ao rematar, o alumnado, coa axuda verbal da ilustradora, puido realizar o retrato de Rosalía.