luns, 30 de xaneiro de 2023

Día da Paz

Hoxe conmemoramos o Día internacional da Paz coa nosa propia recreación do Guernica de Picasso, dentro do proxecto “Este Picasso é un caso”.





mércores, 25 de xaneiro de 2023

Charla Cerebro e pantallas

 O vindeiro martes 28 de febreiro teremos a sorte de contar no centro con María Couso para falarnos sobre o cerebro infantil e a influenza das pantallas no seu desenvolvemento. É unha charla aberta a todas as familias do centro.

Animádevos, é unha oportunidade única! 






Ratiños literarios

A semana pasada comezamos andaina co noso club de lectura para familias.

A primeira parada lectora será: La trenza de Laetitia Colombani. 






luns, 16 de xaneiro de 2023

Este Picasso é un caso

 Na biblio, Lunares xa ten preparado o recanto do PDI “Este Picasso é un caso”. 

A maquinaria xa está en marcha!



venres, 13 de xaneiro de 2023

Benvid@s voluntari@s

 Esta semana puxemos en marcha o voluntariado na biblio de Lunares co alumnado de 5º e 6º.

Estiveron organizando equipos e deseñando carnets. Xa vos ensinaremos o resultado. 





Novidades de Xaneiro!

Chegaron as novidades lectoras á biblio de Lunares. Vinde botar unha ollada!! 





 

mércores, 11 de xaneiro de 2023

O misterio de Portomarín

Continuamos camiño nos clubs de lectura. Desta vez tocou O misterio de Portomarín, unha historia chea de intriga nunha vila que foi asolagada. 




Tivo moi boa acollida e ademáis tivemos a sorte de contar cun encontro coa súa autora, Antía Yáñez.



Seguiremos lendo!!