luns, 10 de febreiro de 2020

CONTACONTOS!!!

O pasado martes tivemos una gran xornada de contacontos, da que desfrutaron infantil, 1º, 2º e 3º 


A nosa biblio convertíuse nun teatro...


Sabela Gago, unha gran transmisora e excelente contacontos fíxonos desfrutar coma sempre cunha obra sobre a igualdade.

Que mellor forma de explicalo que con imaxes:




























 E próximamente... outras grandes sesións para 4º, 5º e 6º


CLUBE DE LECTURA


O pasado mércores o alumnado dos clubes de lectura tivemos unha visita moi especial. A autora do libro que estivemos lendo "A señorita Bubble", Ledicia Costas veu ao cole a ter un encontro con nós.
Foi unha experiencia moi emocionante na que fixemos preguntas, conversamos sobre certos personaxes da historia e sobre os segredos ocultos da escritura.
Contounos anécdotas moi divertidas e agasallounos con algunha primicia literaria.

Deixámosvos unha mostra do que foi o encontro e as impresións dos protagonistas.

Os clubes seguirán lendo, xa vos iremos informando!