xoves, 9 de xaneiro de 2020

CLUBS DE LECTURA EN ACCIÓN!


No mes de novembro deron comezo as xuntanzas dos nosos clubs de lectura quincenais. Entre todos escollemos os nomes: CAZADORES DE LENDAS e O LABORATORIO DA IMAXINACIÓN.
A nosa primeira lectura está sendo “A señorita Bubble” de Ledicia Costas, que está tendo unha moi bo acollida.
Despois da lectura persoal, comentamos, debatimos e compartimos inquedanzas sobre a historia, os seus personaxes e o que nos trasnmiten.
Tras o Nadal, continuaremos na nosa viaxe a través da lectura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario