mércores, 25 de marzo de 2026

Encontro con Anxo Iglesias

 Hoxe Lunares en acción tivo unha visita moi especial. O autor de Tacón punta tacón: Anxo Iglesias, para conmemorar o mes da poesía.

Recitamos, poetizamos pero sobre todo rimos e desfrutamos a poesía. Porque como dixo el a poesía ensínanos a mirar o mundo doutra maneira. E… tamén falamos de que “en galego estamos no mundo”. 

Grazas Anxo por amosarnos a cara divertida da poesía.


















venres, 20 de marzo de 2026

Álbums encantados xúntanse de novo!

Este venres o alumnado de 1º da ESO do IES O Barral viñeron facernos unha visita para seguir coñecendo diferentes álbums ilustrados. 


Puidemos conversar, rir e desfrutar a partes iguais!

Seguiremos lendo!

mércores, 18 de marzo de 2026

Enquisas!!

 Ola alumnado do Ramiro Sabell


Esta publicación é para vos.

Aquí tedes 3 enlaces diferentes nos que clickar e ir contestando, de maneira anónima, as preguntas que veredes.
Axudaredes a Lunares cunha tarefa moi importante.
Tedes ata o 20 de marzo.

Graciñas

ENQUISA LECTURA


ENQUISA ALFIN(acceso á información)

ENQUISA ESCRITURA

martes, 17 de marzo de 2026

Comerás flores de Lucía Solla Sobral

 Este martes foi especial porque tivemos unha xuntanza do club de familias Ratiños literarios e de mestras Fiúnchos literarios. Este mes estivemos lendo a marabillosa novela Comerás flores que amosa unha realidade máis común do que nos gustaría. Falamos e falamos sobre todas esas Marinas do mundo.

“Le dije que si, ya vería luego como lo vomitaba”.




venres, 6 de marzo de 2026

Álbums encantados reúnese de novo!

 Esta semana o club de lectura Álbums encantados reuniuse para seguir coñecendo novos álbums e historias.