martes, 4 de decembro de 2018

Lunares polo Nadal

Pomos en marcha dende a biblioteca a nosa proposta polo Nadal “Tantos contos… coma cores”. 
Aproveitándonos da nosa querida mascota, presentámosvos uns amigos moi especiais. Resulta que Lunares, fai algunha escapadiña ca outra cando non nos damos de conta. Nelas coñeceu un par de nenas e nenos que lle ensinaron un mogollón de cousas....

Xan é un amigo da Mariña Luguesa.
Katia é unha amiga de Xan e de Lunares, ela é de Cabo Verde.
Lin é de Madrid, e as súas nais son de Xapón. 
Alí é de Marrocos, coñeceu a Lunares unha das súas saídas.
  

Familias!!! Iredes recibindo de cada certo tempo unha mochiliña na que veredes un conto sobre a diversidade cultural na que vivimos e un caderno, os vosos fillos e fillas diranvos o resto...

    



Gran agasallo e fermosa colaboración do concello, pois quedaron tan encantados ca proposta de Lunares sobre a idea de facer unhas mochilas viaxeiras; que lle axudáron con estas fermosas bolsas deportivas. 

sábado, 1 de decembro de 2018

Tantos contos... coma cores



Libros recén chegados ao recuncho do proxecto
Uns cantos máis para as emocións e os valores




Uso da Biblioteca



1. Debes manter silencio ou falar moi baixo.


   2. A merenda realizase no patio.

   3. Utiliza de forma axeitada os libros, as instalacións e os materiais.

   4.  Repoñerase calquera material que estragues ou perdas.

   5. Debes estar de forma axeitada no momento da lectura.

   6. Se fas uso do recuncho de relaxación manterás silencio e deixarás espazo no chan para outros compañeiros e compañeiras.

  7. Para retirar un libro da biblioteca, debes pasar polo punto de rexistro; e indicar o teu número de carné ou levalo contigo.

  8. Se sabes que te despistas, ou que non recordas como colocar os libros no andel; pide un “marcalibros”. Úsao para poñelo no seu lugar e así á hora de recolocalo saberás onde estaba.

9. Para saber en que páxina vas, usa “marcapáxinas”, non se dobran, nin se escribe nos libros.

10. Os libros de consulta (cor rosa) son de uso na biblioteca. NON se levan para a casa.

11.  O préstamo é de 15 días. Se o precisas, podes amplialo 15 días máis se o renovas. 

Biblio Sabell Returns



Fíxose longa a espera, pero dende o equipo de biblioteca pensamos que mereceu a pena.
Renovámonos!!! 
Nova distribución dos libros, espazos reformulados e novas adquisicións. Aínda estamos a facer cambios e esperamos sorprendervos ao longo do curso.
Orde alfabética dos exemplares.

Zona de consulta


Zona de consulta, e rincón das emocións e valores.

O espazo para o proxecto anual e a nosa querida Lingua!!!

Libros relacionados co noso proxecto.

Os lugares especiais, teñen ambientación especial.