xoves, 21 de decembro de 2023

Nadal con Lunares

Lunares segue festexando o Nadal por todo o alto con actuacións divertidas e badaladas en directo.





Invisible

Os clubs de lectura Lunares en acción seguimos somerxidos en lecturas. Desta vez tocou Invisible de Eloy Moreno.

Quedamos fascinadxs coa historia do chico “superheroe”. 


Seguimos lendo! 

@BiblioLunares

mércores, 20 de decembro de 2023

Luces, chocolate e acción

Onte pola tarde fixemos maxia no Ramiro cunha tarde chea de luz e sabor. 




Toda a comunidade educativa do cole gozamos dunha festa con luces, música, chocolate e rosquillas para dar a benvida por todo o alto ao Nadal!



Grazas familias por compartir con nós momentos tan marabillosos.

Grazas aos profes que tocaron e nos fixeron gozar coa música!

Grazas ANPA por agasallarnos o chocolate!

@BiblioLunares

martes, 19 de decembro de 2023

Ollos de auga

Este martes Ratiños literarios tivemos unha nova xuntanza! 

Desta vez comentamos o libro de Domingo Villar, Ollos de auga. Tivo moi boa acollida e percorrimos Vigo grazas ás peripecias do inspector Leo Caldas e o seu compañeiro tan “peculiar”. 


Seguimos lendo!! 

@BiblioLunares

Club de lectura Albums encantados

Hoxe na biblio de Lunares tivemos unha visita moi especial.


Veu alumnado do IES O Barral que vai formar parte xunto con alumnado de 4º do club de lectura de album ilustrado.

Coñecímonos, divertímonos, eliximos nome e.. descubrimos o gran mundo dos álbums ilustrados.

Grazas Alejandra e @Bibliobarral por formar parte e traer maxia ao noso cole!

@BiblioLunares


mércores, 13 de decembro de 2023

Voluntariado na radio

O voluntariado da biblio cóntavos neste episodio de Lunares Fala as aventuras que xa levamos gozadas neste curso! 


Non volo perdades!! 

@BiblioLunares

martes, 5 de decembro de 2023

Proxeccións pola diversidade funcional

Para conmemorar o día internacional das persoas con diversidade funcional, fixemos proxeccións de diferentes longametraxes e curtametraxes con temática de inclusión.

O alumnado de Infantil desfrutou a curta Ian.



O alumnado de 1º e 2º a película Valentina.



O alumnado de 3º e 4º Wonder.



O alumnado de 5º e 6º o documental La historia de Jan.




#3DecCapacidadesDiversas

@BiblioLunares

Experimentos con Lunares

 Para poñer fin ao mes da ciencia na biblio, o alumnado de infantil fixo experimentos científicos que atoparon nos libros da biblio. 

Aquí vos deixamos unha mostra! 



@BiblioLunares

Que é ser normal?

Nos clubs de lectura Lunares en acción estivemos debatindo sobre Que significa ser normal?, a partir da historia de Invisible, que nos ten fascinadxs.

#3DecCapacidadesDiferentes

@BiblioLunares

luns, 4 de decembro de 2023

Cine mudo en Ponteareas

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º foi a Ponteareas á proxección de películas de cine mudo nunha homenaxe ao cineasta local Jose Gil.




@BiblioLunares