martes, 14 de maio de 2024

Obradoiro de banda deseñada

Esta tarde a rapazada do cole tivo o luxo de compartir un obradoiro en familia no que descubriron o fascinante mundo da ilustración grazas a Norberto Fernández.





@BiblioLunares

luns, 13 de maio de 2024

Día das letras galegas

Da man do equipo de dinamización da lingua galega hoxe fomos ao auditorio de Ponteareas a desfrutar un espectáculo sobre Luísa Villalta, a homenaxeada este ano nas Letras Galegas.

Cantamos e bailamos sen parar! 


@BiblioLunares

mércores, 8 de maio de 2024

A culpa de María Solar

Esta semana o club de lectura Ratiños literarios xuntouse para comentar A culpa, un thriller que nos mantivo pegadas á historia ata as últimas páxinas. 




Non deixedes de lelo, recomendadísmo!! 

Seguimos lendo! 

@BiblioLunares

venres, 3 de maio de 2024

Wonder

 Desta vez o club de lectura Lunares en acción tivo unha lectura moi especial. A rapazada compartiu lecturas coas súas familias e tivemos un encontro ben enriquecedor con elas no que debatimos e falamos sobre o poder da amizade. Este é o gran tema do libro Wonder: El juego de Christopher de R.J.Palacios.



Grazas familias por acompañarnos e gozar con nós dos libros.

Grazas biblio do CEIP Bouza Brey polo préstamo! 

Cal será a seguinte parada lectora?

@BiblioLunares

xoves, 25 de abril de 2024

Obradoiro de narración oral

Onte e hoxe tivemos a gran sorte de ter na biblio de lunares a Soledad Felloza para gozar dun obradoiro de narración oral. O alumnado de 4º e 5º aprendeu técnicas de voz e de expresión oral para mellorar os nosos podcast. Canto aprendimos!!




@BiblioLunares


mércores, 24 de abril de 2024

Carteis de cinema

 O equipo de dinamización da lingua galega propuxo a elaboración de carteis de cinema con frases tipicamente galegas e velaquí as tedes! Creatividade e humor ao poder!! 


@BiblioLunares

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Onte conmemoramos o Día do Libro cos xa tradicionais acompañamentos lectores no patio. Foi unha xornada soleada chea de historias marabillosas contadas pola nosa cativada. 


Seguide lendo e desfrutando da maxia dos libros! 

@BiblioLunares