venres, 28 de abril de 2023
mércores, 26 de abril de 2023
Día do libro 2023
Lunares estivo traballando para poder celebrar o Día do libro.
Propúxonos o reto de recrear a cuberta dun libro ou de facer un bookface. E aquí tedes o resultado. Espectacular!
Tamén levamos a cabo acompañamentos lectores entre idades no patio. Como desfrutaron pequenxs e maiores desta experiencia! Aquí vos deixamos unha mostra do que foi.
martes, 25 de abril de 2023
Charla de alimentación saudable
Foi todo un luxo e aprendimos moito. Agora toca poñelo en práctica.
luns, 24 de abril de 2023
martes, 18 de abril de 2023
Las gratitudes de Delphine De Vigan
Hoxe houbo xuntanza das mamás do club de lectura Ratiños literarios.
Achegámonos a unha emotiva historia sobre a importancia de agradecer ao que nos rodea e sobre o paso do tempo e como afrontalo. Todo nun tono de humor que nos fixo desfrutar moito.
Seguimos lendo!
Azucre de Bibiana Candia
O club de lectura de mestras Fiunchos literarios desta vez adentrouse na novela Azucre.
Unha viaxe pola experiencia de emigración baseada nunha dura historia real entre Galicia e Cuba.