Hoxe foi un día terrorífico no Ramiro. Lunares convidounos a recrear películas de medo e menudos sustos levamos!!
martes, 31 de outubro de 2023
luns, 30 de outubro de 2023
Investigando o cinematógrafo en 4º
Lunares está contentísim@ coas cousiñas que están a facer nas clases do Proxecto ALU- CINEMA...
Aquí Judith goza decorando o seu cinematógrafo, despois de saber que os hermanos Lumiere levaron moito traballo para crealo...
VOLVE LUNARES EN ACCIÓN
Os clubs de lectura de 5º e 6º Lunares en acción xa están en marcha!!
Na primeira xuntanza comentamos recomendacións lectoras e preparámonos para a nosa primeira viaxe literaria, moi acorde coas datas nas que estamos: Vampira de biblioteca de Ledicia Costas.
Seguiremos informando da nosa andaina!
SAMAÍN CHEGOU A LUNARES
Xa temos lista na entrada do cole a mesa temática con historias de medo.
Non vola perdades!!
LUNARES...PRESENTA...ALU-CINEMA!
O pasado mércores, con motivo da celebración do día das bibliotecas, inauguramos a biblioteca neste curso. Para iso fixemos a presentación do novo PDI Alu-Cinema a cargo de Lunares e todo o seu equipo.
Este ano investigaremos sobre o cine e nos adentraremos no mundo da creación audiovisual. Xa o iredes descubrindo.
venres, 20 de outubro de 2023
O espazo no cine
Menuda na que está o alumnado de 5ºB que estudaron o sistema solar con películas do espazo. Que artistazas!!
@BiblioLunares
martes, 17 de outubro de 2023
1ª xuntaza de Ratiños literarios
Hoxe inauguramos Ratiños literarios con 13 familias e moitas recomendacións lectoras.
Próxima parada: Una suerte pequeña de Claudia Piñeiro.
Seguimos lendo.
mércores, 11 de outubro de 2023
Novas necesidades, novas ferramentas
Lunares quere axudar ás familias, cunha necesidade, que se presenta na nosa sociedade dados os cambios que se están a producir no uso de dispositivos móviles e o acceso que teñen a moita información que non saben xestionar.
Por iso Lunares, cre importante facilitar ferramentas coas que axudar neste proceso.
Familias, a partir do 24 de outubro podedes vir e solicitar estes contos e libros que vos axudarán.
Botádelle un ollo a este video tamén!!
https://www.instagram.com/reel/Cx-e_yyIH6l/?igshid=MTc4MmM1YmI2Ng==