xoves, 17 de febreiro de 2022

11F. DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA.

Esta semana, por mor da celebración o 11 de febreiro do Día Internacional da nena e a muller na ciencia, englobado dentro da nosa participación no plan proxecta DONAS DE SI, celebramos as primeiras xornadas “O camiño da muller na ciencia”.

Tivemos o gran privilexio de contar no noso centro con científicas galegas que traballan en diferentes campos de investigación: paleontoloxía, viroloxía, mitofenómica, bioloxía, magnetismo e biomateriais.

Todas elas achegaron á rapazada a importancia da ciencia e as dificultades que como mulleres tiveron ao longo de cadansúas carreiras profesionais.

Grazas a cada unha das mulleres que fixeron posible esta actividade, con rigor, dispoñibilidade e ilusión por compartir.

Destacamos a frase de Eva Poveda: 

“Nenas, sede o que queirades ser”.



Compartimos con vós o programa das xornadas. Se clicades nas fotos accederedes a un vídeo representativo das distintas charlas.


 

sábado, 5 de febreiro de 2022

INVISIBLE

 Voltamos cos clubes Lunares en acción!

Desta vez lemos INVISIBLE de Eloy Moreno. Unha historia emotiva que narra a través dos ollos dun neno os efectos do bullying e a importancia de non facer a ninguén invisible.


Reflexionamos, debatimos e gozamos da lectura compartida desta novela. As valoracións foron moi positivas, e malia que o comezo resultou complexo acabamos todxs enganchadxs.

Continuamos lendo!